Volver a vieiros


Vieiros do mar


Do mar e das palabras, a ver que sabes!

Vieiros e a Federación Galega de Cultura Marítima convídante ao VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que este ano se celebrará en Ferrol entre o 8 e o 10 de xullo.

Para gozardes mellor deses días e a pé de mar, sortearemos cinco convites especiais, cada un deles para dúas persoas: os gañadores poderán escoller un deses días para comer, cear e dar un paseo pola ría nunha das embarcacións participantes.

Para entrar no sorteo tedes que responder ás seguintes preguntas. Cun mínimo de oito respostas acertadas xa entrades no sorteo!

1. -En 2008 e en Brest, na Festa das Tradicións Mariñeiras, Galiza é convidada de honra a carón de...
a) Noruega, Suecia e Vietnam
b) Estados Unidos, Irán e Corea do Norte
c) Luxemburgo, Suíza e Andorra
2. -Se o vento vén de proa, se cadra teremos que bolinar, ou como din os vellos patróns...
a) aventalar
b) voltaghear
c) botalar
3. -Nos encontros galegos ten chegado mostra dos barcos que circulan pola ría de Aveiro, tamén
chamados...
a) moliceiros
b) aveiraos
c) portugalios
4. -Un dos modelos de gamela máis estendido polas rías Baixas é a...
a) Corina
b) Coruxeira, tipo "Coruxo"
c) de ShinChan
5. -As dornas levan velas chamadas de...
a) ribeirón
b) ghuifi
c) relinga
6. -A gamela acostuma construírse con madeira de...
a) eucalipto
b) figueira
c) piñeiro
7. -O bote polbeiro é unha embarcación tradicional ben coñecida. Hai datos que dan conta da importancia da pesca do polbo na ría de Pontevedra desde...
a) o 1500 AC
b) o 1500 DC
c) o 1950 DC
8. -Francisco Fernández Rei, Emilio Xosé Insua e Luis Rei apuntan que posíbelmente a gamela foi en principio un útil doméstico rural que deveu en barco. Por exemplo, en Portugal falan de gamelas de encascar para denominar...
a) os berces onde se deitan os meniños o primeiro ano
b) os caixóns onde se realiza a tarefa de amasar
c) a caixa onde se garda o pan
9. -Os mesmos autores atoparon que no Salnés ás chalanas máis bicudas dinlles...
a) loros
b) chalanudas
c) piratas
10. -Véxote lonxe, vogando,
namentras peixes de aire
refrescan a túa pel.
E o mar vaise abrindo adrede,
e ti na pobre gamela,
ti soliño, vas e vés

Este que leches é un poema de...
a) Uxío Novoneyra
b) Capitán Pescanova
c) Bernardino Graña
11. -En Baiona e nalgúns lugares do Morrazo ás dornas díselles...
a) tornas
b) mornas
c) conas
12. -Cal destas dornas non existe?
a) dorna palangreira
b) dorna xeiteira
c) dorna gaseira
13. -F.Fernández Rei atopou que na Guarda, a tocar o "apupo", corno ou caracola, desde terra e para que os mariñareiros se orientasen cando o porto estaba fechado de néboa, chamábaselle...
a) apupar
b) cornear
c) caracolear
14. -En lugares diversos da costa galega e para referírense a unha rocha que asoma á superficie, que cobre a preamar e na que peta o mar e estoura, falan dun...
a) pezón
b) obelisco
c) petón
 

Vieiros | Vieiros do Mar