Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL

Entre débedas e desencanto, o Compostela volve á Terceira División

O equipo santiagués certificou este domingo en Barakaldo o enésimo descenso dun clube que hai 15 anos marabillou á elite futbolística.

Redacción - 12:08 19/04/2010

A década dos 90 foi a época dourada da Sociedade Deportiva Compostela. Na tempada 1989/90 o equipo de fútbol da capital de Galiza ascendía a Segunda División B e un ano máis tarde, con Fernando Castro Santos como técnico, acadaba a Segunda División A. En 1994 o clube facía sitio entre a elite estatal do deporte e na tempada 1995/96, con Fernando Vázquez aos mandos, o Compostela poñía taquicárdicos aos grandes ao estar boa parte da tempada na parte máis alta da clasificación. As vacas fracas non tardaron en chegar e dous anos despois o equipo caía da Primeira División.

Cun presidente polémico como Xosé María Caneda (saída e volta incluída), con escasa afición e múltiples débedas a historia da SD Compostela é unha peregrinaxe polos infernos dende aquela. O último episodio tivo lugar este domingo en Barakaldo. O equipo santiagués volveu para Galiza co certificado de defunción que no fútbol son os descensos. Para a vindeira tempada o Compostela terá que pelexar polos campos de Terceira División.

A situación económica do clube foi un dos principais crebacabezas. Os xogadores acumulan até cinco meses sen cobrar e o malestar provocou unha fenda enorme entre directiva e plantel.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: