O novo traballo do cantautor ourensán contou coa colaboración de Uxía, Sérgio Tannus, Guadi Galego, Luís Tosar e Toni Lomba, entre outros.
Capa do disco
Emilio Rúa saca á venda o 25 de marzo o seu terceiro disco, Interior, no que explora novos rexistros nunca antes utilizados polo cantautor ourensán. O traballo, gravado na Casa de Tolos e editado por Pai Música, está producido por Uxía e Sérgio Tannus e conta, ademais, con colaboracións de luxo.
Así, participan na gravación artistas galegos e portugueses, como Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba, Quin Farinha, Marcos Teira, Budiño e a mesma Uxía. Reinterpreta temas tradicionais do folclore galego, como Lela, cancións de autores como Magín Blanco ou Sérgio Tannus, e ponlle música a un poema de Manuel Rivas.
O autor define o disco como "os dous mundos que hai dentro de min e non se entende o un sen o outro: a miña música e a miña terra".
Interior, de Emilio Rúa