Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEZ TEMAS DE AUTOR E DOUS TRADICIONAIS COMPOÑEN O NOVO TRABALLO DO OURENSÁN

Emilio Rúa: "a miña vida é a música desde que nacín até hoxe"

Ademais de cantante, Emilio Rúa exerceu como artista. Cociñou para os membros de Casa de Tolos durante a gravación do seu último traballo, escoitou a súa vida para cantala á súa maneira e acepta con distancia as comparanzas con Andrés do Barro, porque "el chegou moi lonxe cantando na súa lingua", di. Cando Vida miña acaba de chegar ao mercado, a carreira musical do autor comezou case desde a súa infancia, na orquestra Concorde Atenea, que o seu pai fundara xunto cos irmáns.

- 17:27 20/07/2006
Tags:

Seis anos desde o teu primeiro disco. A que se debeu un silencio tal?
Os seis anos de silencio logo de grabar o meu primeiro traballo con Do Cumio, feito que correspondía ao premio do concurso de Verín Lluvia como furiosa, celebrado no 2000, debéronse á actitude da discográfica porque "foron bastante pasotas e antes de que me toreen preferín esperar". Debido á mala relación con eles, truncouse a continuidade da gravación de discos sucesivos, aínda que a carreira seguiu igual e gustaríame poder ter editado un segundo traballo fai tempo.

A quen podemos atopar detrás de Vida miña?
Son o autor dos temas pero á hora de entrar no estudio había algunha letra que na Uxía puxo unha parte. Ademais dela hai moita xente que me axudou, coma os os xurados dos festivais nos que teño participado, José Miguel López, de Radio 3 e a Uxía, a quen lle debo todo porque foi quen me puxo en contacto con Segundo Grandío e con Casa de Tolos. Nese sentido, este traballo é tanto meu coma dela.

Hai quen te compara con Andrés do Barro "pola esperanza" que transmiten as súas e as túas letras. Que pensas ao respecto?
Cando falan de cantantes galegos e de min sempre sae Andrés do Barro e eu síntome gabado porque el chegou bastante lonxe na música do Estado da época e hoxe debería ser mais doado cantar na tua lingua e en calquera na que cantes, aínda que con apoio é posíbel e paréceme bonito esa comparanza porque el demostrou que é tan válido cantar en galego como en castelán. Canto ao amor porque o relaciono con todo, coa distancia, coa esperanza, coa miña aldea, e o amor leva a todos os elementos que fan a un ser humano mellor e eso é a esperanza. Acéptaa con distancias, a comparanza

Dous temas dos que nunca faltan en ningunha reunión ou festa, A saia da Carolina e A rianxeira; por que decidiches incluilos neste teu traballo?
Sempre me interesou a musica tradicional. O feito de mirar cara atrás é importante pero tamén o é mirar cara adiante e iso foi o que pretendín, incluínos porque son os temas populares mais coñecidos e deilles un xiro distinto porque sempre se utilizan eses temas e se abusa un pouco deles, sempre a mesma sonoridade e a mesma música. Eu pretendín chegar un pouco maís alá e que eses temas poidan sonar en calquera espazo comercial ou calquera; darlles un toque máis que os afaste e que os leve máis cara o pop e o jazz.

Vida miña, recolle moitos instrumentos distintos aos que emprega a música tradicional galega. Que vínculos gardas con ela?
A miña relación coa musica tradicional é de respeto. Gústame facer as miñas cancións e doulles o meu punto de vista cara o pop latino, pero a música tradicional é necesaria aínda que dándolle un carácter máis actual, porque esa é a miña forma de ver a música. Interésame a canción de autor e tamén sen ser de autor, calquera xénero da música galega.

Incluíches cantas das pezas nas que traballaches nos últimos anos?
Moitísimas pezas quedaron fóra e na mente teño proxectos para levar a cabo co tempo. Dun total de 20 temas fixemos unha selección e os 12 mais comerciais foron. As pezas nas que traballo habitualmente teñen un enfoque moi aberto e non só procuro cancións con ritmo, senón tamén outros tempos, e incluso a capela, como algunhas que sí entraron ao final.

Cal é a túa vida?
A miña vida é a musica desde que nacin até hoxe. Ademais diso, a miña vida é tranquila aínda que até agora houbo moita luita por sair adiante e atopeime con ganas de facer cousas e non cunha meta diante, senón coa idea de ir sempre cos espectadores e vendo ao tempo como transcorren os acontecementos, pero sempre á miña maneira.

Colaboraches co Xabarín, co Seminario Galego de Educación para a paz e levaches premios como cantautor. Que che queda agora por experimentar?
Sobre todo quédame facer traballos no audiovisual, compartir melodías con outra xente, realizar colaboracións puntuais e interésame calquera experiencia relacionada coa música, de feito vou pór música a outro tema do Seminario para un documental que van realizar este ano. Quero estar axudando no que poida a quen mo pida. Teño moitas ideas e gustaríame que se vaian cumprindo e cada certo tempo gustaríame ir incluíndoas nun disco porque. Xa no que se refire a este traballo, en setembro e agora algún concerto para o xacobeo e cousas así sen data definida pero si presentaciòs co grupo e a intención é qe a música cantada que fago eu se escoite máis en Galiza

Aparte do que fas, quen son os teus artistas de cabeceira?
Escoito a Antonio Vega, a James Taylor, a Milladoiro e calquera estilo me vale para pasalo ben. Non lle poño pegas a nada pero son bastante crítico coa música porque é o que fago e escoito todos os elementos de cada peza con atención pero, aínda que miro os demais polo miúdo, tamén son crítico conmigo mesmo.

Como ves a música galega hoxe? É difícil moverse por ela?
Cada vez medra máis e hai cada vez máis xente capacitada para facer as cousas e aparte do boom do folc parece que hai un movemento de música cantada, que a xente se atreve a a pór voz nas cancións e nas incluso tradicionais e iso é positivo porque o que estaría mal sería que o fixeran dúas ou tres persoas e que moitísimas capaces quedaran fóra. O bonito sería darlle un sentido máis amplo á música e escoitar cantas máis ofertas mellor.


5/5 (1 votos)