Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate en Estados Unidos

R.E.M. si quere a reforma sanitaria de Obama

O grupo de Michael Stipe pon banda sonora a un anuncio a prol da opción pública na sanidade estadounidense.

Redacción - 13:30 11/09/2009

O debate arredor da reforma para garantir a cobertura médica universal Estados Unidos está cada vez máis axitado. Barack Obama trata de convencer aos deputados republicanos e demócratas, mentres a sociedade se divide entre os que reclaman que se garanta o acceso á saúde dos 46 millóns de cidadáns que carecen de seguro médico e os que consideran o plan de Obama un atentado á liberdade individual e un gasto económico inaceptábel. 

O grupo R.E.M. sitúase ao lado da “public option” que trata de impulsar Obama cun vídeo creado para a organización social MoveOn, moi influente nas filas demócratas. Esta entidade defende que “millóns de norteamericanos non poden permitirse esperar máis por unha reforma sanitaria real. Pero algúns en Washington tratan de demorar a activación da opción pública”.

O vídeo pretende convencer aos deputados indecisos de que a reforma é unha necesidade urxente, e faino coas imaxes dalgúns dos máis de 3 millóns de afiliados de MoveOn, co tema “You are the everything” de fondo.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: