O Náutico de Vigo, que gañou a última bandeira, e Mecos, rematan segundo e terceiro da liga galega. Na Liga San Miguel, os triunfadores foron os cántabros de Castro.
A Liga Galega de Traiñeiras repartiu triunfos ao longo desta tempada entre seis equipos diferentes. Cabo de Cruz, o Náutico de Vigo, Mecos, Chapela, Regatas Salgado-Perillo e Amegrove-Interrías, apañaron algunha das quince probas disputadas. Mais finalmente, a regularidade de Cabo de Cruz outórgalles a vitoria na clasificación xeral final, logo de acumular tres vitorias parciais e catro segundos postos. Atrás deles, o Náutico de Vigo finaliza con catro triunfos e dous segundos postos, aínda que a irregularidade que os levou a afundir até o sexto posto en tres das probas deste verán, déixaos no segundo chanzo do podio final.
Doutra banda, contámoslles tamén da competición que, baixo a denominación Liga San Miguel, xunta en competición as embarcacións do norte do Estado. A falta de tres xornadas por disputar, na última proba, os cántabros do Naturhouse-Castro amarraron xa o triunfo final. Nesta Liga, os galegos do Tirán-Pereira e Samertolameu viaxan de momento nos postos 9º e 11º do total de doce embarcacións.