Natalia Raña gañou a proba feminina, mais non obtén o campionato por correr con licenza dun só día.
Saleta Castro, do Cidade de Lugo Fluvial, e Borja Conde, do Club Atletismo Porriño, proclamáronse este domingo campións galegos en Pontevedra no IX Tríatlon Cidade de Pontevedra-Campionato Galego de Tríatlon Cros, no que Flavia Coniglio e Ismael Viéitez foron os vencedores juniors e Andrés López e Belén Lemat os veteranos. Por clubs, o Cidade de Lugo Fluvial foi o campión feminino e o Club Atletismo Porriño o gañador masculino.
En categoría absoluta masculina Borja Gabriel Conde, do Club Atletismo Porriño, proclamouse campión galego tras realizar unha proba espectacular nos tres tramos. O subcampeonato foi para Juan Francisco Fernández Moldes, do C.C. Monte Abaixo, mentres que Fabián Ubeira, do Triatlon Motorbike Pontevedra, ocupou a terceira posición do podio.
En categoría absoluta feminina Natalia Raña, que competía con licenza dun día, gañou a proba, pero a campioa galega foi Saleta Castro, do Cidade de Lugo Fluvial, actual campioa de España Sub-23 de Dúatlon, segunda na proba. Tras a deportista pontevedresa chegou Silvia Deira, que tampouco entrou na clasificación do campionato galego por competir con licenza dun día. O subcampeonato quedou en mans de Alba Cuba, do Cidade de Lugo Fluvial, cuarta en chegar a meta.
Flavia Julieta Coniglio, do Cidade de Lugo Fluvial, foi a vencedora en categoría junior feminina. En categoría junior masculina o podio final ocupárono tres triatletas do Club Tríatlon Galaico-Cidade de Pontevedra. O máis rápido foi Ismael Viéitez.