Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
71ª edición da proba ciclista

Herrero e Blanco lamben o amarelo na prólogo da Volta a Portugal

O gañador da pasada edición, David Blanco (enrolado no equipo luso Palmeiras) quedou a 6'' do vencedor. Herrero (Xacobeo) picou cuarto a só un segundo.

Redacción - 13:25 06/08/2009
Cándido Barbosa (Palmeiras) primeiro líder da Volta a Portugal

Cándido Barbosa (Palmeiras) primeiro líder da Volta a Portugal

Hai agora un ano que David Blanco triunfaba na 70ª edición da Volta a Portugal. Coas cores do equipo portugués Palmeiras Resort Tavira, Blanco asinaba unha magnífica competición e conseguía, por segunda vez, a vitoria na rolda portuguesa.

Este mércores deu inicio a edición 2009 da proba, e Blanco deu mostra do seu poderío na contrarreloxo, mais nunha etapa prólogo de só 2,4 km, rematou 16º a apenas seis segundos do vencedor da tirada, seu compañeiro de equipo Cándido Barbosa. Por parte do Xacobeo Galicia foi David Herrero o que conseguiu o mellor tempo, a só 1 segundo do gañador. A só 11'' parou o cronómetro o triatleta Iván Raña, esta tempada de proba co Xacobeo.

"Non sentía as pernas", lamentábase David Herrero, exhausto nada máis cruzar a liña de meta, mentres guindaba apresuradamente o casco, coma se lle cortase a respiración. Era o balance dun esforzo pouco habitual, froito dunha etapa inaugural de apenas 2,4 quilómetros onde os ciclistas aplicaron violencia e intensidade ao pedal durante tres minutos escasos, como se dun longo sprint se tratase, furando as rúas de Lisboa a altas velocidades.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O ex campión do mundo de triatlón Iván Raña, na prólogo da Volta
O ex campión do mundo de triatlón Iván Raña, na prólogo da Volta
David Blanco celebrando co equipo o triunfo na Volta a Portugal en 2008
David Blanco celebrando co equipo o triunfo na Volta a Portugal en 2008