Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festival Auserd

Semente de imaxinación no medio do deserto: a cultura saharauí "da liberación"

Xente de todo o mundo acode esta semana á 16ª edición da xuntanza anual de cultura e artes a celebrar nos campamentos de refuxiados saharauís.

Redacción - 11:45 04/12/2008

"Tiña dez anos e corrían os anos 70 no meu pobo natal Auserd; ese día iamos un grupo de cativos a escalar unha das montañas que forman a cadea de montes onde se atopa entre os seus vales o meu pobo. Nesa ocasión iamos alcanzar a cima dun dos máis altos picos de todo o territorio, Buserz, cunha altitude de 700 metros (...) Corremos todos ver de que se trataba, miramos as letras e cada un lía a seu xeito "s", "o", "s", outros lían "SOS". As letras estaban escritas nun área duns 600 metros cadrados aproximadamente, como se estivese preparada para unha aterraxe de helicópteros".

Velaí unha peza literaria de memoria saharauí tirada da bitácora Xeneración da Amizade Saharauí, espazo na rede fornecido por un grupo de poetas saharauís que, tal e como explican no cabeceiro do proxecto en internet, pretenden transmitir o sufrimento de seu pobo "unidos por historias de pastores que se perderon perseguindo os seus soños atrás dunha nube".

Un bo exemplo na semana que ten lugar o 16º Festival Cultural de Auserd nos campamentos de refuxiados, entre o 4 e o 6 de decembro. Asistirán representantes de ducias de países de todo o mundo, segundo avanzou esta semana o Ministerio de Cultura saharauí, para un evento cultural que se celebrará nun cento de tendas de campaña tradicionais. Investigación, artesanía, teatro... un encontro inspirado na "cultura da liberación e o desenvolvemento", en palabras da ministra do ramo, Jadija Hamdi.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: