Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presentadas polo Comité Cidadán

A Fiscalía rexeita as autodenuncias dos mariscadores no caso do 'Galicia Spirit'

O fiscal explica que o procedemento iniciou xa a súa fase intermedia como procedemento abreviado e que os novos documentos nada achegan ao xa resolto.

Redacción - 19:25 10/06/2010

Segundo informa o Diario de Ferrol, o fiscal xefe de Área de Ferrol, Román Ruíz Alarcón, acordou o arquivo das 31 denuncias autoinculpatorias no procedemento contra o grupo de mariscadores que en maio de 2007 saíron coas súas embarcacións para evitar a chegada do gaseiro Galicia Spirit (ver vídeo) a Reganosa.

Os escritos foron presentados o pasado 1 de xuño no rexistro xudicial por integrantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O fiscal explica que o procedemento iniciou xa a súa fase intermedia como procedemento abreviado e que os novos documentos nada achegan ao xa resolto.

E o resolto é que se formulou acusación contra nove persoas e desestimou todas as demais, por estimar que non había probas de abondo sobre a súa participación nos feitos.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: