"Presentamos un punchi punchi veloz que resume as gañas de voar, e de dar un paso sempre para diante, patrás nin pa coller impulso". A fusión ribeirense da Compañía do Ruído ten de momento datas pechadas para o verán en Sabucedo o 2 de xullo e en Ribeira o 14 de agosto. A Compañía do Ruido son: Suso, Sabela, Toño, Fernando, Bruno, Pablo e Carlos. Están a tempo se os queren animando a súa verbena!
Todo isto e máis xa en
A Polo Ghit 2010Letra:Galisian punchi jaiteira
Quero verbenas, licores para as penas
que afoguen na taberna, e dansar ata a mañán,
Saca medos, saca angustias, non te fagas máis preguntas
que si non se chega hoxe, pódese chegar mañán.
Peito pra dalas, e lombo pra levalas,
amarra ben o barco, que hoxe é tempo de folgar.
Hoxe quenta o sol jaiteira, enche o fol e xente ás leiras
lume e pica ferro a fondo e fe en dios.
Hoxe quenta o sol jaiteira, enche o fol e xente ás leiras
lume e pica ferro a fondo e fe en dios.
Quero verbenas, licores para as penas
que afoguen na taberna, e dansar ata a mañán,
co solás arruinado, non se vai a ningún lado
para levar con forza a vida, aplica ritmo e compás.
Peito pra dalas, e lombo pra levalas,
amarra ben o barco, que hoxe é tempo de folgar.
E tardando o tempo xusto, pan e viño para ir a gusto,
os pés pra andar o camiño, e a cabeza pra voar.
Hoxe quenta o sol jaiteira, enche o fol e xente ás leiras
lume e pica ferro a fondo e fe en dios.