Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Medidas drásticas

Universitarios dos EUA entran na súa segunda semana de folga de fame contra a lei antiinmigrantes de Arizona

Un grupo de estudantes da Universidade de California en Berkeley pide que o campus serva de refuxio chegado o caso.

Redacción - 13:00 11/05/2010
Os estudantes / Foto: Twitter

Os estudantes / Foto: Twitter

Un grupo de estudantes da Universidade de California en Berkeley (UCB), que permanece en folga de fame parcial desde a semana pasada, informou que desde este luns pasa a un axún total -é dicir, sen inxerir líquidos-, en protesta contra a lei antiinmigrantes de Arizona.

Son só catro alumnos da ducia que comezaron a medida os que adoptaron esta medida máis drástica, segundo informan os medios locais. Destes, dous son de orixe latina. Ademais, exixen que a UCB se converta en refuxio para inmigrantes chegado o caso.

A lei en Arizona autoriza os axentes de policía a asumir funcións dos responsábeis de migración. Poden interrogar calquera persoa sospeitosa por falar castelán, ter pel morena ou vestir como inmigrantes latinos. Ademais, a ausencia de documentación identificadora pode supor o arresto e o inicio do proceso de deportación.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: