Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN VIGO

Bicicletas eléctricas para un modelo enerxético sustentábel

O colectivo A Golpe de Pedal propón que a factoría de Citroën lidere a fabricación destes vehículos.

Redacción - 10:46 07/05/2010

As costas de Vigo xa non teñen porque ser un problema para os ciclistas. O colectivo “A Golpe de Pedal” vén de achegarlle ao concello unha proposta para que potencie as bicicletas eléctricas. A idea é que que se aproveite a implantación de vehículos de sustento eléctrico que xa está previsto na cidade, ben no caso dos coches particulares, ben no do transporte público, como os autobuses.

Medio máis limpo e máis saudábel
“A Golpe de Pedal” entende que o proxecto sería viábel e convertería a Vigo nun referente de cidade que apostase polo aforro enerxético cun modelo de transporte integral eléctrico. A idea é que a factoría de Citroën asumise ese compromiso na fabricación de bicicletas eléctricas, sumándoas á fabricación de coches eléctricos.

Os beneficios que reportaría a aposta decidida tanto do goberno municipal como da planta de Citroën serían moitos, na súa opinión. A bicicleta eléctrica ofrece maior autonomía, maniobrabilidade, facilidade de aparcamento e reduce o tráfico. Ademais, suporía unha importante redución das emisións de CO2 e tería importantes consecuencias sobre a saúde, tanto dos propios condutores como de toda a cidadanía viguesa. Finalmente, “A Golpe de Pedal” reitera a súa exixencia de que se creen infraestruturas e medidas de seguridade que permitan os ciclistas circular pola cidade e o seu entorno.


Ligazóns

5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: