Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este domingo votou un 20% dos convocados

As tres quendas de consulta en Cataluña xa suman medio millón de votos

A coordinadora, satisfeita polas cifras malia as dificultades de mobilización, subliña o novo desafío: a consulta en Barcelona o 10 de abril do ano que vén.

Redacción - 08:35 26/04/2010

"O 'si' adopta unha posición política de país forte e o novo consenso agora é o dereito a decidir". Declarábao para os medios de comunicación este domingo Uriel Bertran, o voceiro da Coordinadora que este domingo organizou en Cataluña unha terceira quenda de votacións sobre a independencia en varias localidades.

En total, 265 mil electores votaron nalgún dos 212 municipios onde foran convocados á consulta popular, é dicir, o 20,2% dos cidadáns convocados. Apenas un punto por baixo dos que participaran na do 28F e malia que o volume de poboación e o tamaño das cidades era desta volta maior. Girona (cun 21%) e Olot (co 26%) destacan entre os grandes concellos onde a poboación se achegou á urna nunha porcentaxe superior á media. No outro estremo, aparece Lleida, onde apenas o 8% exerceu o voto. Os datos finais amosan un 'si' maioritario, co 92,2%, fronte a un 5,3% para o 'non'. Advertiu Bertran: o 'si' xa suma máis apoios que catro dos seis partidos con representación no Parlamento de Cataluña.

Recomendámoslles toda a información no especial de Vilaweb.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: