Só Letonia, cun 21,7% de desempregados supera a cifra. Pola contra, nos Países Baixos o paro é de só un 4%.
A crise económica está a pasar factura en toda a Unión Europa. Porén, os datos de febreiro que deu a coñecer este mércores a oficina de Eurostat poñen de manifesto as profundas diferenzas no que respecta á taxa de desemprego. Mentres a media de desemprego na UE é dun 9,6%, no Estado Español a cifra acada o 19%, só superada por Letonia, cun 21,7.
No outro lado da balanza está Holanda e Austria onde só un 4 e un 5%, respectivamente das persoas que están en idade de traballar non atopan unha ocupación. Portugal supera lixeiramente a media europea e sitúa a súa taxa de desemprego nun 10,3%.
Segundo o Eurostat, o paro interanual no Estado Español aumentou en 2,3 puntos, xa que en febreiro de 2009 as estatísticas reflectían un 16,3% de taxa de desemprego. Hai que lembrar que en Galiza a taxa de paro actual achégase ao 13% e a Consellaría de Traballo estima que a finais de ano rondará o 15%.