A Liga internacion al contra o racismo e o antisemitismo (Licra) considera que a campaña das xuventudes do partido é xenófoba e estigmatiza unha comunidade.
Le Pen, diante do cartel denunciado
O presidente do partido francés Front National (FN), Jean-Marie Le Pen, compareceu este venres perante un tribunal de Marselha. O líder ultradereitista foi denunciado pola Licra (Liga internacional contra o racismo e o antisemitismo), que pediu que retire unha campaña de carteis "anti-musulmáns".
Segundo informou Libération, a decisión do xulgado farase pública o luns á tarde. O cartel, difundido polas xuventudes da FN, representa unha muller cuberta cun veo diante dun mapa de Francia cuberto dunha bandeira alxeriana sobre a que se sitúan minaretes en forma de mísiles, co texto "non ao islamismo".
O avogado da Licra asegura que o cartel é "manifestamente ilícito á orde pública" e que "estigmatiza unha comunidade". O defensor da FN invocou a liberdade de expresión e asegurou que o cartel ataca "os islamistas" e non "os musulmáns".