Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAIXAS

Pachi Vázquez desmárcase da convocatoria de folga de Caballero

O secretario xeral do PSdeG asegura que a decisión foi tomada polo alcalde vigués “a título persoal” e que obedece á “dinámica propia da localidade”.

Redacción - 17:30 29/01/2010
Vazquez asegura que a convocatoria da manifestación foi "unha decisión persoal"

Vazquez asegura que a convocatoria da manifestación foi "unha decisión persoal"

Á vista das posturas contrarias e até enfrontadas que nos últimos días continuaron a evidenciar os alcaldes de Vigo e A Coruña sobre o futuro da fusión das caixas de crédito galegas, unha das manifestacións máis agardadas era a do secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez. A convocatoria dunha manifestación por parte do rexedor vigués, Abel Caballero, foi a atrevida saída da liña marcada pola dirección do partido ante a que Manuel Vázquez non puido evitar responder.

“Son absolutamente respectuoso con todos aqueles que, en calquera ámbito, cando se senten agredidos, definen estratexias”, dixo o secretario xeral do PSdeG ao respecto ao tempo que subliñou que a manifestación “obedece á dinámica propia da localidade e é un problema estritamente da cidade de Vigo, que teñen que resolver eles”. Ante a pregunta de se ten previsto acudir, evitou responder e limitouse a sinalar que a dirección do PSdeG é “tremendamente respectuosa” coas decisións de concellos, alcaldes e do ámbito municipal. Porén, aclarou que foi unha decisión adoptada, en exclusiva, polo alcalde vigués “a título persoal” e “de acordo cun número moi importante de colectivos veciñais e doutro tipo”.

A postura do PSdeG?
En relación ao informe que elaborará o Consello de Estado como paso previo á previsíbel presentación dun recurso de inconstitucionalidade por parte do Estado Español contra a lei de caixas galegas, Pachi Vázquez recalcou que “os atallos nunca foron bos” e acusou a Feijoo de “converter a lei de caixas no principal obstáculo cando tiña que ser a principal solución”.

Con todo, preguntado sobre cal sería a mellor opción para Galiza, o líder dos socialistas sinalou que se verá “cando o Banco de España e as caixas decidan o que queiran”. Vázquez criticou o que considerou “fórmulas máxicas” como a compartida polo PPdeG e o BNG e lamentou que o Goberno sacase adiante unha lei que, asegurou, “conculca lexislacións básicas do Estado e a Constitución” e que, “de paso, intenta quedar con poder político das dúas caixas”.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: