Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A partir do 1 de xaneiro

Os pesqueiros deberán levar un diario de a bordo electrónico

Segundo a normativa comunitaria, os capitáns dos barcos deberán enviar diariamente os datos da actividade pesqueira ao ministerio por vía telemática.

Redacción - 11:00 25/11/2009

Os barcos pesqueiros terán que rexistrar e transmitir os datos da súa actividade mediante un diario electrónico, segundo unha orde ministerial publicada polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. O texto define o equipo mínimo necesario para o proceso, cumprindo a normativa comunitaria.

O regulamento prevé que os capitáns dos barcos da UE leven un diario de a bordo electrónico onde anoten a actividade pesqueira despois de cada marea e nas 48 horas seguintes ao desembarco. Deberán cumprir esta obriga a partir do 1 de xaneiro de 2010 os pesqueiros con eslora superior a 24 metros, independentemente de en que augas pesquen e de en que portos desembarquen.

No transcurso dunha marea, os capitáns están obrigados a transmitir eses datos por vía electrónica á Dirección Xeral de Recursos Pesqueiros e Acuicultura, cando menos unha vez ao día e antes das 0 horas GMT. Deberano facer mesmo aínda que non efectuasen capturas. Só quedan excluídas as embarcacións que fagan mareas de menos de 24 horas en augas e portos de xurisdición española.

Asemade, a dirección xeral entregaralles gratuitamente aos barcos de eslora superior aos 24 metros unha aplicación informática de diario electrónico de a bordo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: