A CIG convoca un paro matutino para protestar polo procesamente de operarios que participaron na folga de 2006.
Traballadores do metal da bisbarra de Vigo manteñen dende primeira da mañá un paro para protestaren polo procesamento de 13 compañeiros por incidentes ocorridos na folga de 2006. O paro, marcado só para a xornada matutina, céntrase nos xulgados de Vigo, onde este luns comezan as sesións contra os obreiros procesados.
Na manifestación, convocada unilateralmente pola CIG, participan centos de traballadores de empresas do metal que carecen dun convenio propio. Dende o sindicato nacionalista consideran que os operarios que están a ser xulgado non poden acabar pagando as consecuencias dun conflito laboral.