Os catro edís do PP e os dous de TeGa apartarán así o alcalde socialista do poder local.
O voceiro do PPdeG en Láncara, Eladio Capón, será con probabilidade o novo rexedor do municipio lugués de Láncara, substituíndo no cargo o actual rexedor, o socialista Darío Piñeiro . O grupo municipal do PP selou así este venres a moción de censura que presenta xunto cos dous concelleiros de Terra Galega (TeGa).
Piñeiro gobernaba co apoio exclusivo da súa formación logo de rachar o verán pasado o pacto que mantiña con Terra Galega. PP e TeGa argumentan que se trata dun paso necesario debido ao "desgoberno" do municipio, argumentacións que os socialistas cualifican de "chorrada".