Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas á concesión do Nobel da Paz

"Non fechou Guantánamo, mantén tropas en Iraq e abrirá bases en Colombia", aponlle Guillerme Vázquez a Obama

Para o voceiro nacional do Bloque, o presidente estadounidense "non parece ter a mellor folla de servizos para este premio".

Redacción - 13:50 09/10/2009

"Aínda non fechou Guantánamo, mantén tropas en Iraq e Afganistán e vai abrir bases militares en Colombia", afirmou o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, ao respecto do presidente estadounidense, Barack Obama, para quen este venres se anunciou a concesión do Nobel da Paz.

"Non parece a mellor folla de servizos para ser acreedor ao Premio Nobel da Paz", engadiu, de paso que aproveitaba a presenza dos xornalistas para demandar do goberno español "a inmediata saída das tropas españolas de Afganistán". "Que non nos enganen, aquilo é unha guerra de ocupación", analizou, "non se está alí para democratizar nada". "Os Estados Unidos están alí para controlar un enclave xeoestratéxico básico para controlar o mundo e o Estado español está alí seguindo exclusivamente a estratexia dos Estados Unidos", reprochou.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: