Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fronte ás informacións en prensa

Caixa Galicia nega contactos para a fusión con Cajamadrid ou CAM

"Non hai absolutamente ningún tipo de negociacións", aseguran desde a entidade financeira, atribuíndo o informe ao respecto en exclusiva á caixa madrileña.

Redacción - 19:25 03/08/2009

Caixa Galicia descartou este luns que existan "contactos" ou "negociacións" con Caja Madrid para emprender un proceso de fusión coa Caja de Ahorros del Mediterráneo (CAM). A entidade financeira galega asegurou que non hai "absolutamente ningún tipo de contactos ou negociacións", segundo afirmaron fontes da caixa galega consultadas por Europa Press.

As mesmas fontes atribuíron esta posíbel operación a un informe de Caja Madrid e, polo tanto, desvinculárono da entidade financeira galega. Segundo a información desta mesma xornada en El País, Caja Madrid baralla unha posible fusión coa alicantina CAM e con Caixa Galicia, polo que elaborou un informe, que coincide cos plans do Banco de España de que tanto Caja Madrid como La Caixa capitaneen o proceso de reestruturación e saneamento financeiro.

Pola súa banda, o presidente da Caja de Ahorros del Mediterráneo (CAM), Modesto Crespo, afirmou que "non houbo ningún tipo de contacto oficial" entre a entidade que preside e Caja Madrid de cara á súa fusión, ao tempo que garantiu que CAM seguirá "traballando pola súa independencia", aínda que se mantén "aberta a calquera oferta" que poida realizar "calquera caixa".

Crespo sinalou que CAM seguirá "traballando pola súa independencia" e destacou que a entidade estará "aberta a calquera oferta ou proposición que poida haber de calquera caixa". Non obstante, aclarou que o feito de que "estea aberta, non quere dicir que estea a negociar nestes momentos con nada nin con ninguén". Así mesmo, o presidente de Caja Mediterráneo resaltou que, no caso dunha hipotética fusión, "os condicionamentos políticos non deben existir", senón que "soamente se deberán considerar valoracións técnicas para tomar unha decisión".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: