Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cajamadrid-CAM-Caixa Galicia

Barcón critica que Feijoo queira "tomarse oito meses" para reflexionar que facer coas caixas

A deputada socialista láiase de que o presidente "non ten unha actitude proactiva" en defensa das caixas de aforros do país.

Redacción - 18:25 03/08/2009

"Non sabemos se é que se prega ás manobras do PP de Madrid ou se é incapacidade política", afirmou a voceira e coordinadora de Acción Electoral do PSdeG, Mar Barcón, criticando a actitude do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, arredor da actualidade sobre a posíbel fusión dunha caixa do país con entidades financeiras foráneas.

Barcón subliñou o carácter "prioritario" da defensa do capital financeiro galego e apelou ao "significado" que teñen tanto Caixanova como Caixa Galicia na actividade económica e social de Galiza. A deputada socialista atribuíulle o interese de Cajamadrid por Caixa Galicia a unha "estratexia política" concreta do Partido Popular.

"Non é rigoroso, nin serio, nin tolerábel que Feijoo diga que se vai tomar oito meses para reflexionar", dixo Barcón, quen engadiu que "parece que Rajoy se vai tomar menos tempo" ao vincular a postura de Cajamadrid cunha "decisión política" do PP e dos "intereses" da presidenta da comunidade autónoma madrileña, Esperanza Aguirre. Na opinión do PSdeG, o presidente fai unha "renuncia expresa ao protagonismo que lle corresponde a un presidente da Xunta".


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: