Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTACIÓN DE 'A GAITA ARMADA'

Esta gaita mata fascistas

O disco dobre recompila músicas populares para seren cantadas nas festas e músicas patrióticas. Preséntase o sábado 25 na Gentalha do Pichel.

Redacción - 09:30 25/07/2009

Woody Guthrie levaba escrito na súa guitarra 'This Machine kills fascists' (esta máquina mata fascistas). A música é unha arma, un instrumento máis da loita política, e tamén o foi en Galiza nas últimas décadas. O sábado á noite, Día da Patria, preséntase na Gentalha do Pichel (Santa Clara, 21; en Compostela) 'A Gaita Armada' unha recompilación de músicas populares para seren cantadas nas festas (disco "Gaita") e outra de músicas patrióticas representativas da nosa historia recente ("Armada"). O proceso de encaixar os distintos elementos da gaita para comezar a tocala, chámase "armar a gaita". Cando está a gaita armada comeza a festa "e é a nosa intención que ademais comece a loita", din os coordinadores do proxecto.

Os criterios para seleccionar os temas que aparecen no disco foron sete: que estivesen en galego, que fosen cancións de clase, non sexistas, combativas, cantábeis, populares, e femininas. Reivindícase, pois, a canción popular, "o canto de taberna, de descanso no roteiro, de cea de compañeiras, de sobremesa de churrascada, de noite de camaradaría, de Barrantes derramado a golpes na mesa. Un canto imperfecto, sen letras nítidas e afinación en sol. Unha desorde sonora que sen desprezar a beleza do ben cantado acentúe a colectividade", din. "Non queremos música inerte e museística, queremos unha Gaita Armada", conclúen.

Parten tamén da referencia da 'Guitarra Armada', disco editado en Nicaragua en 1979 polos irmáns Mejía Godoy e o grupo 'Los de Palacagüina'. "As dirixentes sandinistas recoñeceron publicamente que aquelas lección musicais de loita guerrilleira difundidas pola Radio Sandino foron unha das chaves da vitoria", explican, "Galiza tamén quere gañar, e para iso achegamos a Gaita Armada".

Na presentación, que comezará ás dez da noite e que consistirá nunha foliada que durará varias horas, participarán entre outros, Xurxo Lois Varela, violagambista e cantor de Ferrol; Manolo Bacalhau, músico de Trasancos ex compoñente de Saraibas; e Ana Ribeiro, cantora da Associação José Afonso de Portugal.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: