Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nos que morreron 34 persoas

Dimite o primeiro ministro de Perú debido aos enfrontamentos coas comunidades indíxenas

Yehude Simon presentou a súa renuncia na metade dunha onda de protestas e asumindo "o custo político" da crise vivida cos nativos da Amazonia.

Redacción - 09:00 09/07/2009

O primeiro ministro de Perú, Yehude Simon, presentou este martes a súa renuncia "irrevogábel" ao presidente do país, Alan García, asumindo o "custo político" dos enfrontamentos do pasado 5 de xuño entre indíxenas e policías, onde morreron 34 persoas, segundo datos oficiais. O abandono de Simon chega en metade dunha nova crise, alimentada por unha onda de folgas e mobilizacións convocadas para esta semana.

O xa ex primeiro ministro entregou a súa carta de dimisión durante o Consello de Ministros no Pazo de Goberno, valorando os "éxitos" da súa xestión, mais sen agochar os fracasos, "coma os sucesos de Bagua", onde o pasado 4 de xuño os enfrontamentos entre as forzas da policía e os indíxenas que protestaban contra unhas leis que permitían a venda de grandes terreos da selva a multinacionais estadounidenses saldáronse coa morte de 24 axentes da policía e 10 civís: "asumín, como debe ser, o custo político desta desgraza que marca a toda a patria", foron as palabras de Simon.

Por outro lado, Alan García xa anunciara que a vindeira fin de semana haberá un novo Gabinete. Nas últimas semanas, a súa popularidade caeu do 25% ao 35%, segundo recolle unha enquisa da Universidade Católica do Perú.


Saiba máis sobre os episodios de violencia contra os indíxenas:



Máis información sobre a dimisión do primeiro ministro peruano:


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: