Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Violencia nas rúas do Brasil

As balas perdidas tinxen de sangue as rúas de Rio de Janeiro

Un informe do Instituto de Segurança Pública (ISP) sinala que o ano pasado foron 236 persoas as feridas por estes disparos, e 16 delas faleceron.

Redacción - 14:15 24/05/2009
Un deseño, nun muro

Un deseño, nun muro

Un informe divulgado esta semana polo Instituto de Segurança Pública (ISP), vinculado ao goberno do Rio de Janeiro, indica que 236 persoas foron feridas por balas perdidas no estado en 2008, e delas, 16 perderon a vida. Son menos que as danadas o ano pasado, que chegaron ás 279 vítimas e 12 mortes.

A maioría dos casos desenvolveuse na capital fluminense, en especial na zona norte da cidade. Do total dos homicidios violentos no Estado do Rio de Janeiro, os causados por balas perdidas supoñen o 0,4%. Os homes adultos están entre a maioría das vítimas (62,5%). Na maioría dos casos (75%), as persoas que foron atinxidas por balas perdidas non estaban nin perto dunha operación policial ou enfrontamento violento entre bandas.

Os datos recóllente nos rexistros da policía, mais pode haber casos que foran traspapelados, ou dos que non se soubese nada.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: