Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NO PARLAMENTO

Pídenlle á Xunta compromiso co software libre

O uso de formatos pechados nas primeiras comunicacións públicas do novo Goberno foi o motivo da iniciativa do grupo parlamentario nacionalista.

Redacción - 10:00 02/05/2009
Posto de Galinux, distribución de software libre promovida pola Xunta, no Xuventude Galiza Net 2009

Posto de Galinux, distribución de software libre promovida pola Xunta, no Xuventude Galiza Net 2009

A Xunta terá que responder sobre se empregará software libre e estándares abertos á hora de difundir as súas comunicacións internas e externas. A voceira do BNG en materia de Sociedade da Información, Ana Luísa Bouza, rexistou unha iniciativa parlamentaria neste sentido.

A deputada lembra que a primeira comunicación do Goberno despois do Consello da Xunta do 21 de abril consistiu nun ficheiro coa estrutura do novo executivo elaborado con software privativo,o Microsoft Excel. Para Bouza, isto supón unha contradición coa promesa electoral do PPdeG.

Así mesmo, a voceira amosou a súa preocupación pola "perda de control da información" que supón o uso do software propietario, que permite "extraer información oculta que revela datos potencialmente confidenciais", afirmou.

Deste xeito, Ana Luísa Bouza instou o Goberno a aplicar as súas promesas electorais nun país "recoñecido internacionalmente pola aposta de desenvolvemento de software libre" e que xa desenvolveu ferramentas abertas, gratuítas e en galego con cartos públicos. Tamén lle pediu á Administración autonómica que prime "o software libre nas contratacións" e que o use nas súas comunicacións.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: