Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MOSTRA 'BORDE SUR'

Arte uruguaia en Lugo, arte galega en Uruguai

59 creadores do país austral expoñen as súas obras na cidade das murallas, ao tempo que artistas galegos o fan en Montevideo.

Redacción - 17:30 29/04/2009

Lugo, Santiago, Vigo, Ferrol, Ourense, Madrid, Barcelona, Berlín, París, e Nueva York. A Capela de Santa María, onde se poderá visitar até o 31 de maio, será a primeira estación da mostra 'Borde Sur', na que podemos coñecer a obra de 59 artistas uruguaios, unha boa escolma das artes visuais contemporáneas do país. Están representados artistas de catro xeracións distintas, principalmente pintores e fotógrafos, como Javier Bassi, Gino Bidart ou Juan Burgos, mais tamén arquitectas como Elena Caja.

Na inauguración da mostra, o cónsul de Uruguay en Santiago, Gonzalo Konke, afirmou que non é "casualidade" que a mostra inicie a súa andaina internacional en Galiza: "Se hai un lugar onde un uruguaio non se considera forastero ese é Galiza".

Paralelamente a esta mostra inaugúrase en Montevideo 'Borde Norte', unha mostra que acolle obras de artistas galegos afincados en Uruguai.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: