Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
En favor dun mapa de localizacións

O Europarlamento acorda controlar as antenas de telefonía

Un informe da Cámara recomenda fixar unha "distancia mínima" entre as antenas das operadoras e a poboación "sensíbel": entre outros, escolas e hospitais.

Redacción - 13:00 04/04/2009

Non haberá, cando menos de momento, lexislación formal ao respecto, pero si recomendación. Os votos dos eurodeputados avalaron esta semana no Parlamento Europeo o relatorio que achegaba a deputada belga Frederique Ries, onde se argumentaba a prol do control da localización das antenas de telefonía.

De xeito concreto, o texto fala de vixiar que "os campos electromagnéticos non interfiran de xeito directo coa poboación" das proximidades. Así, o documento aprobado fala de recomendarlles aos estados membros que fixen distancias mínimas entre as antenas e as edificacións con poboación "sensíbel" apartado no que se refiren por exemplo a escolas e centros de saúde. A maiores, a Eurocámara insta a Comisión Europea a destinar cartos para afondar no estudo do impacto das antenas de telecomunicacións na cidadanía. O propio informe pide explicacións polo presunto bloqueo dun informe financiado con fondos da UE onde se analizaba a posíbel relación entre as antenas e o aumento de casos de cancro en determinadas zonas.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: