Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Na orixe das linguas

Identifican algunhas das verbas máis antigas do inglés

Investigadores da Universidade de Reading sosteñen que 'I' (eu), 'who' (quen), 'two' (dous) ou 'three' (tres) datan de hai ducias de miles de anos.

Redacción - 18:15 28/02/2009

Segundo informa esta quinta feira a canle pública británica, BBC, investigadores da Universidade de Reading (Inglaterra) identificaron algunhas das verbas máis antigas da lingua inglesa.
 
Os científicos aseguran que I (eu), who (quen), two (dous) ou three (tres) datan de hai ducias de miles de anos, mentres que 'one' (un) é tan só un pouco máis nova.

Baseándose no seu modelo de supercomputación de datos analizaron a cantidade de cambios que sufriron as palabras no inglés e noutras linguas cun pasado común.

Mesmo, aseguran ser quen de predicir que vocábulos teñen probabilidades de se extinguir ou mudar. Squeeze (apertar), guts (entrañas, relacionado con 'ter valor'), stick (pau) e bad (malo) son as que, afirman, van desaparecer ou evolucionar primeiro.

A voz dirty (sucio) é outra das que son máis proclives ao cambio. Actualmente hai 46 formas diferentes de se referir a este concepto nas linguas indoeuropeas.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: