A tenda máis importante da internet decídese a comercializar unha bebida cada vez máis prezada polos estadounidenses.
A tenda en liña máis importante do mundo, Amazon, que comezou como unha libraría, anunciou que comezará a vender tamén viño a partir de outubro. A empresa, con base en Seattle, EUA, comercializará, en principio, caldos estadounidenses.
Nun territorio tradicionalmente non moi dado ao consumo de viño, o produto da uva estase a converter nos últimos anos nunha bebida exclusiva e de prestixio, e mesmo entre a xente nova, que comeza a abandonar a cervexa. Para afrontar a distinta lexislación sobre o viño que hai nos estados norteamericanos, Amazon encargaralle a distribución a unha compañía californiana.