Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PREMIOS 2008

Retegal recibe o premio especial de Eganet

Thermosentinel, Sixtema, Pixel, Netex, Asorlu, Xuventude, Pedro Figueras, Visual Publinet e La Nuestra levan o resto dos galardóns.

Redacción - 09:00 23/05/2008

A Asociación de empresas galegas dedicadas a internet e ás novas tecnoloxías (Eganet) entregou este xoves os seus quintos galardóns anuais. Desta volta, o premio especial recaeu en Retegal, empresa pública de telecomunicacións.

O encargado de recibir o premio foi o director xeral de Comunicación Audiovisual e, asemade, conselleiro delegado de Retegal, Manuel Xosé Fernández Iglesias. A presidenta de Eganet, Beatriz Legerén, destaco no acto de entrega a actividade de "vertebración territorial desenvolvida por Retegal a través das infraestruturas e telecomunicacións".

Fernández Iglesias repasou as iniciativas desenvolvidas pola empresa, como o despregamento da banda ampla, a rede troncal de fibra óptica ou a transición á televisión dixital terrestre. Tamén lembrou o concurso de fotografía 'Faros do século XXI' convocado polo organismo público.

O resto dos premiados foron, na categoría de E-emprendedores, para a empresa compostelá Thermosentinel, pola seu servizo de supervisión telemática; en Software Libre, a tamén santiaguesa Sixtema, polo desenvolvemento do catálogo GIS; en Cultura Dixital, a viguesa Pixel Grafics, coa campaña SQR; en Aplicación On-line, a oleirense Netex Knowledge Factory, por Kubbe; en Tecnoloxía Accesíbel e Segura foi para a Asociación de Persoas Xordas de Lugo e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

O galardón Sociedade Web correspondeulle á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, polo espazo web do Voluntariado Galego; a Comunicación de Web Empresarial para Pedro Figueras Comunicación, de Vigo, polo redeseño d'A Nosa Terra Diario; o premio de Comercio Electrónico correspondeulle a Visual Publinet, por La Manzana del Cuento, e a Publicidade on-line á axencia La Nuestra Comunicación Publicitaria, de Oleiros, que quedou finalista pola campaña Movemento contra a Lei de Murphy e polas xornadas de publicidade Marca Galicia.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: