Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESPECULACIÓN INMOBILIARIA

O prezo da vivenda nova subiu un 5,1% en 2007, a metade ca o ano anterior

Confírmase o cambio de ciclo no sector e o adeus aos espectaculares incrementos de prezos de anos anteriores.

Redacción - 13:15 02/01/2008
Tags: prezo vivenda

A Sociedade de Taxación informou este mércores que o prezo medio da vivenda nova en Galiza aumentou un 5,1% en 2007. Os datos revelan un arrefriado claro na suba de prezos xa que a mesma entidade taxara o aumento ao longo de 2006 nun 10,7%. Para 2008, a Sociedade de Taxación coida que o prezo dos pisos vai ter un crecemento semellante ao do IPC, aínda que nalgúns municipios a suba incluso pode ser menor ou nin chegar a producirse.

Os datos mostran que Cataluña, cun 8,3%, e Valencia (7,9) son as comunidades que sufriron un maior incremento no prezo dos pisos. As subas máis moderadas corresponden a Navarra (1,9) e a Baleares (0,9).


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: