Microsoft asinou o 20 de decembro un acordo con esta fundación sen ánimo de lucro
Trátase dun paso importante para a empresa de Redmond desde que esta aceptara a sanción da Comisión Europea por prácticas de competencia desleal, que debería provocar o nacemento dunha nova competencia no mercado, que Microsoft acabara dominando dunha maneira abusiva.
En marzo de 2004, o executivo europeo condenara a Microsoft a dar aos seus competidores a información necesaria para o desenvolvemento de productos cos eu software destinado aos ordenadores personais e aos servidores.
O acordo concluíu onte coa Protocol Freedom Information Foundation destinada a axudar fundamentalmente ao editor sen fins lucrativos Samba, que propón un software gratuíto e cuxo código de fonte é público ("open source" ) destinado aos servidores.
O modelo de fonte aberta está baseado no dereito das empresas a copiar, modificar e redistribuír un programa unha vez que obtivo a licenza.