O grupo organiza un festival en Boiro para sacar ao mercado o seu novo traballo, que irá acompañado dun DVD.
Todos invitados! a Compañía do Ruído está a preparar novo álbum, e desta vez quere que os seus seguidores colaboren e sexan os protagonistas. Con este motivo, os ribeirenses organizan o sábado 8 unha festa na zona da movida de Boiro, onde a partir das 21:00 se procederá á gravación dun CD /DVD no que quede recollida toda a festa.
A entrada é de balde, e para que ninguén teña escusa, circularán autobuses gratuítos entre Ribeira, Palmeira, Pobra e Boiro das 20:00 ás 24:00, así como outros que farán o percorrido inverso entre as dúas e as catro da mañá.
A todo Punkchi!! é o cuarto traballo deste divertido grupo do Barbanza, no que quedará constancia en imaxes e a música da prometedora festa que se celebre baixo unha carpa de rúa instalada no concello. Desde samba, ska, reggae, ou ritmos balcánicos, sen esquecer o rock'n roll, a diversión está asegurada, así que xa se sabe, o sábado "só existe o ruído!".
Aquí podedes ver a súa Samba nº12, do seu directo en Barcelona