Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estudo "subliminal"

As bandeiras inflúen no "sentimento de nación"

Psicólogos da Universidade Hebrea de Xerusalén afirman que a imaxe da bandeira de Israel contribúe a moderar as posturas sobre o conflito palestino.

Redacción - 11:45 28/11/2007

Na idea de que dende sempre as bandeiras foron símbolo e elemento visíbel das nacións, un estudo realizado polos psicólogos da Universidade Hebrea de Xerusalén afirma agora que a bandeira de cada país favorece o sentimento de unidade.

Os investigadores aproximáronse á cuestión mediante unha análise empírica e analítica, mediante unha serie de experimentos realizados en Israel nos que un grupo de suxeitos de diferentes tendencias políticas eran expostos a unha imaxe subliminal da bandeira do país. Posteriormente comparáronse as súas opinións sobre o conflito palestino e o sentido do voto nas eleccións xerais do pasado ano. Os resultados, que foron publicados na revista da Academia de Ciencia estadounidense, PNAS, conclúen que a bandeira tende a moderar as posturas "unificándoas en torno ao símbolo nacional que representa a unidade".


3/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: