Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A PISCIFACTORÍA ABERTA HAI MÁIS DE 5 ANOS AÍNDA ESTÁ TRAMITANDO O PERMISO DE VERQUIDO

ADEGA denuncia que a Piscifactoría de Stolt Sea Farms en Cabo Vilán non dispón de permiso de verquido

A piscifactoria da empresa Stolt Sea Farms en Cabo Vilán non dispón de permiso de verquido, esta é a resposta do organismo Augas de Galiza á unha solicitude de infomación ambiental presentada por ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza). Parece ser que esta piscifactoria está tramitando nestes momentos o permiso cando leva aberta máis de 5 anos neste lugar do Concello de Camariñas.

- 16:51 27/09/2006
Tags:

A situación non deixa de ser sorprendente posto que este permiso autonómico ten que ser concedido previamente á licencia municipal de obras. Cabe preguntarse como esta empresa consegue realizar esta actividade sen dispor duns límites marcados de efluintes contaminantes.

As augas que saen da renovación da auga da piscifactoria teñen unha alta carga orgánica e é posible que tamén leven disoltos antibióticos, utilizados para tratar as enfermidades dos peixes criados alí, ademais de productos de limpeza dos tanques, etc.

As piscifactorias construidas e que se pretenden construir NON DEBEN SER INSOSTIBLES E CONTAMINANTES, senón que deben ter os permisos en regla e dispor dos medios axeitados de tratamento dos efluintes como depuradoras axeitadas á sua actividade.

ADEGA fai un chamamento a Stolt Sea Farm para que cumpra escrupulosamente as suas responsabilidades medioambientais e, dende logo, respete as condicións medioambientais necesarias nas novas piscifactorias e dos seus proxectos de ampliación.

Neste último caso atópanse as ampliacións das piscifactorias de Quilmas e Lira, en Carnota que afectarán á Rede Natura e á calidade das augas da zona protexida.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: