Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Cee capital da Costa da Morte

Os internautas que navegan pola Costa da Morte e visitan a edición local de Vieiros decantaron-se pola vila de Cee como lugar indicado para ser a capital da Costa da Morte. A votación estivo moi rifada entre a vila de Xunqueira e Vimianzo, capital da Comarca de Soneira.

- 08:57 04/01/2002
Tags:

Á enquisa, primeira desde que existe esta edición, respostaron un total de 402 internautas. A resposta Cee obtivo un total de 210 votos, o 52% do total. En segundo lugar, Vimianzo obtivo un total de 169 votos , que representan o 42% de todas as votacións. Finalmente, 23 votantes, o 6%, opinan que a capital debera ser outra localidade.
A rivalidade de Cee e Vimianzo como cabeceiras da comarca non é nova. As dúas vilas competiron pola ubicación do Hospital comarcal, que finalmente se ubicou no recheo da vila costeira. Máis tarde xurdiu a polémica pola ubicación das oficinas da Asociación Neria, que mudou a súa sede, pasando da vila soneirá ao Concello de Cee. Agora andan en liortas por mor do Centro de día para maiores, e mañá a rifa será por calquer outro motivo.
A apertura dun centro comercial no recheo de Cee pode axudar a que a vila se converta realmente no centro neurálxico da actividade económica da comarca. Pero coido que iso non é necesario para que teña a categoría de capital. Ao meu entender hai varias cuestións que alonxan a Cee de semellarse a unha capital: en primeiro lugar non ten unha zona verde aberta ao público, onde se poda pasear, correr ou simplemente pasmar. Por outra banda, o Concello carece de política ambiental e o lugar máis concorrido para pasear está arredor dunha praia-basureiro. Estas son cuestións que se deberan de arranxar para "fardar" de capital. Se non sempre haberá críticas fundadas sobre a xustiza deste apelativo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: