|
Participación A participación nas eleccións xerais en Galiza foi medrando ao longo dos últimos vintecinco anos. De feito, mentres que en marzo de 1979 non votara nin a metade dos galegos (49,2%), en 1996 bateuse o récord electoral cun 73,84% de participación. Tamén, a teor dos resultados por comicios, son máis participativos aqueles en que se agarda un cambio de goberno (1982, 1993, 1996). As eleccións ás Cortes son as que rexistran unha maior participación, con entre 5 e 10 puntos por riba de municipais e autonómicas.
Por provincias A participación por provincias cambiou considerabelmente nas últimas convocatorias. Na década dos oitenta eran máis abstencionistas as provincias interiores; sen embargo, ao longo dos noventa tanto Lugo como Ourense fóronse colocando á cabeza da participación electoral. A Coruña. 75,16% en 2004 (67,81% en 2000) Lugo. 76,67% en 2004 (71,84% en 2000) Ourense. 77,55% en 2004 (72,71% en 2000) Pontevedra. 76,54% en 2004 (69,35% en 2000) Máis datos de participación por provincias e por concellos podes atopala na web electoral do Ministerio do Interior. ............................................................ « Portada Xerais'2004 | Vieiros |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||