Vieiros

 LIGAZÓNS
 PARTIDOS
 CANDIDATOS
 INSTITUCIÓNS
 PROGRAMAS
 CANDIDATURAS
 A CORUÑA
 LUGO
 OURENSE
 PONTEVEDRA
 RESULTADOS
 PARTICIPACIÓN
 SONDAXES
 O SENADO
 OS TEMAS
 EXTERIOR
 EDUCACIÓN
 PARELLAS DE FEITO
 EMPREGO
 MULLER


 

Manda ghuevos!!

Utilizar a unidade de España para gañar votos é miserábel"
José Bono
O presidente de Castela - A Mancha, José Bono, fixo en Ceuta unha serie de declaracións sobre a unidade de España, entre elas a de que "a min non me gusta nada Carod e alégrome de que o botasen".


............................................................
FRASES ANTERIORES


En cantos idiomas sería capaz de manter unha conversa, amais do español? En francés".
Mariano Rajoy
En francés e punto. Esto foi o que lle contestou Rajoy á pregunta de Iñaki Gabilondo nunha entrevista na cadena Ser. Ou Mariano Rajoy non é quen de manter unha conversa en galego ou non quere ou non o considera un idioma ou sufriu un baleiro mental transitorio ou é consecuencia dun lapsus freudiano, ou que?

O PP é unha secta nacional católica, apoiada pola Conferencia Episcopal e os Lexionarios de Cristo"
Gaspar Llamazares
O líder de Izquierda Unida criticou duramente en Málaga a insistencia dos candidatos populares en relación con temas como a unidade de España e o sentemento patriótico.

Nin eu nin o meu equipo estamos dispostos a facer cousas raras, darlle a volta a España ou convertela nunha empanada"
Mariano Rajoy
O candidato do PP criticaba deste xeito, durante un mitin en Valencia, a postura do PSOE, que segundo apuntou se presenta ás eleccións pensando en que conta co apoio de "Llamazares, Ibarretxe, Carod-Rovira ou Labordeta".

Un galego é un canario que vive na península"
Mariano Rajoy
O candidato popular á presidencia do goberno explicou nas Palmas cal é o nexo de unión entre Galiza e o arquipélago canario. Segundo apuntou, será "o presidente do goberno máis canario" porque ao "proceder da periferia" comprende mellor que ninguén aos canarios que residen na península.

As opcións son o PP ou a coalición de pancarteiros, zapateiros e comunistas"
José María Aznar
O presidente cesante revive en Logoroño os seus pantasmas de adolescente facha e cualifica á oposición de "pancarteiros e comunistas". Tamén dixo que "esta xente almorza todas as mañás galletas de rancor e de odio". Que despois ladran polas esquinas, faltoulle engadir.

Quen non vai votar nunhas eleccións é un traidor á patria"
Manuel Fraga
O presidente de Galiza, Manuel Fraga, nun mítin na Rúa (Valdeorras), sinalou que ante os comicios só son posíbeis tres cousas: "quedar na casa, votar unha trama de señores que só saben poñerse de acordo para dicir que non, ou respaldar un partido serio coma o PP". Así que quedar na casa é unha traizón á patria.

Eu, que non son tan vello, levei o teléfono a moitas aldeas galegas e inaugurei a luz eléctrica"
Mariano Rajoy
O candidato do PP á presidencia do goberno lembraba deste xeito, nunha entrevista concedida a El País, algunhas das súas "inauguracións" máis sonadas estando á fronte da Deputación de Pontevedra.

Sería de risa ante o resto do mundo que nos dedicáramos agora a partir España en anaquiños"
Manuel Fraga
Na súa intervención, no mitin que o PP ofreceu en Cambados, Fraga apuntou que á hora de votar "non se pode confiar nos socialistas nin nos do BNG, pero moito menos se van xuntos".

Se o tabaco mata, morreremos fumando tabaco de aquí; se hai que morrer, mórrese pola patria"
Juan Carlos Rodríguez Ibarra
O presidente extremeño referíase deste xeito á política que mantén a UE
-segundo apuntou, "cínica e hipócrita"- con respecto aos cultivos de tabaco existentes na súa comunidade. Foi no transcurso dunha conferencia celebrada en Madrid.

Necesitamos unha maioría sólida, porque queren liquidar España"
José María Aznar
Así falou Aznar sobre os perigos dun goberno de esquerdas no seu primeiro mitin da campaña, en Tomelloso.

Xuntos imos a máis, separados imos ao carallo"
Manuel Fraga
O presidente da Xunta xogaba en Carballo co lema da campaña do PP para afirmar que o seu partido é o único que pode garantir a estabilidade e a unidade de España.

España é a nación máis antiga de Europa, con máis de cincocentos anos de existencia"
Mariano Rajoy
Nunha entrevista publicada no xornal La Razón, o candidato do Partido Popular á presidencia do Goberno, Mariano Rajoy declara que non vai gobernar "para que España deixe de ser España".

ETA é a que bendice aos que tratan de romper España"
Jaime Mayor Oreja
Nun mitin en Donostia, o cabeza de lista do PP por Araba, Jaime Mayor Oreja, insistiu en que ETA dirixe a estratexia dos partidos nacionalistas.

O peor que ten España, o máis carlistón e o máis antigo, é o nacionalismo"
José Bono
O presidente de Castela A Mancha, deixou clara a súa idea do nacionalismo no coloquio que mantivo cos alumnos dunha escola universitaria en Madrid, tras pronunciar unha conferencia.

............................................................
« Portada Xerais'2004 | Vieiros

 





Foro
Últimas mensaxes:


O que opina a xente


A campaña, frase a frase


As pantallas destes 15 días


Entrevistas aos candidatos


O seguimento electoral das bitácoras


Trivial

Trivial