|
 |
 |
Cliking de campaña
 |
 |
Zapatazo
15/03/2004 O xornal catalán El Periódico celebra a victoria socialista cun xogo de palabras co nome do gañador das eleccións. Ver imaxe |

............................................................ CLICKINGS ANTERIORES
 |
 |
Franco censura en España
13/03/2004 A BBC, co gallo das eleccións, publica un dosier especial sobre censura e control da prensa no réxime de Aznar. E ilústrano cunha fotografía de Francisco Franco. Ver imaxe |
 |
 |
A dereita prexudica gravemente a saúde
12/03/2004 Cando a campaña electoral foi oficialmente rematada por todas as forzas políticas, lembramos os anuncios de IU-Esker Batua-Berdeak: o PP prexudica seriamente a saúde. Ver imaxe |
 |
 |
Os indecisos, que vaian pensando en Canarias
11/03/2004 El Día de Tenerife recolle unhas declaracións do candidato de Coalición Canaria, Paulino Rivero. Nelas diríxese aos indecisos, dicíndolles que pensen en Canarias. É de esperar que estivese pensando nos seus votantes e non nos mozos e mozas galegos que están trasladándose a traballar ás Illas. Ver imaxe |
 |
 |
La Nueva España: concédenlle a Cascos a medalla imperial
10/03/2004 Por condecoracións que non sexa. O xornal La Nueva España informa da concesión por parte do concello de Villaviciosa da "medalla imperial" a Francisco Álvarez Cascos. O acto de imposición terá lugar no mosteiro de Valdediós, "pola subvención que recibiu do ministerio". Imperial, Villaviciosa, Valdediós, Cascos... todo cadra. Ver imaxe |
 |
 |
Aznar a Le Monde: "Chirac é moi simpático"
09/03/2004 Dous xornalistas de Le Monde conseguiron facerlle unha entrevista "moi persoal" a Aznar na que se poden atopar pérolas presidenciais como "Chirac é moi simpático" ou "Eu considérome español e europeo. O nacionalismo non é unha resposta nin para o mundo de hoxe nin para o porvir". Aznar defínese como "un home tranquilo", como Jonh Wayne. Ver imaxe |
 |
 |
Web paródica sobre Mariano Rajoy
08/03/2004 Unha nova web paródica se estrea sobre o candidato dos populares á presidencia do Goberno. Rajoy que te doy inclúe chanzas, frases célebres e a posibilidade de subscribirse a informacións falsas. Ver imaxe |
 |
 |
A ministra de Sanidade decide estradas
06/03/2004 A ministra de Sanidade presentou onte en Pontevedra un novo trazado para a circunvalación da cidade. A "Alternativa Pontevedra Aberta" foi desenvolvida pola Consellería de Política Territorial da Xunta. A noticia recóllea o Diario de Pontevedra. Ver imaxe |
 |
 |
Xunta: traspásanse conselleiros
05/03/2004 O xornal compostelán El Correo Gallego captou o significado profundo das declaracións de Fraga nas que aseguraba que "cedería con moito gusto os meus mellores homes e mulleres para o goberno de Rajoy". En efecto, "Fraga traspasa conselleiros" é un titular que desvela as prioridades do presidente. Ver aquí a noticia completa. Ver imaxe |
 |
 |
Pon os políticos no teu messenger
04/03/2004 A web Politiconos proporciona iconas para incluír nos programas de mensaxería instantánea. A cara de Fraga, a cara de Carod e ata a cara de 'Xosé Beiras'. Pero que significa que che manden unha anabotella? Un bico ou unha pescoceira? Ver imaxe |
 |
 |
PP-PSOE: frente común publicitario
03/03/2004 A web das Novas Xeracións do PP vasco ten contratados os servizos publicitarios de Google. Así, o buscador serve automaticamente os anuncios que entende relacionados co contido da páxina. A casualidade (ou non) fai o resto. Ver imaxe |
 |
 |
Rajoy na portada de Zero
02/03/2004 A revista gai-lésbica Zero saca na súa portada a Mariano Rajoy, a propósito dunha reflexión teórica sobre o 'outing'. Coñécese como 'outing' o feito de sacar publicamente do armario persoas (políticos, xuíces...) que teñen actuado contra os dereitos dos homosexuais. Ver imaxe |
 |
 |
El Hoy de Cáceres proclama a independencia catalana
01/03/2004 Debe ser moi interesante saber qué provincias atravesaron os terroristas que foron presos en Cuenca cunha furgoneta ateigada de explosivos. Así o considerou o xornal estremeño Hoy, que dá un paso por diante de Acebes e sinala a Cataluña coma nación de orixe da invasión de ETA. Ver imaxe |
 |
 |
Zapatero queda durmido
29/02/2004 Quizais non sexa Zapatero o líder máis esperto da esquerda, pero tampouco será para que se erga ao toque de corneta de Xosé Blanco. Esperemos que El Correo Gallego non quixera facer alusións á virilidade do secretario xeral dos socialistas, despois de que Carod puxese de moda o 'trempat'. Ver imaxe |
 |
 |
La Razón anuncia o inicio da "campaña sexual"
27/02/2004 "Pero, en que estaría eu pensando?", debeu dicir o redactor ou redactora da versión electrónica do xornal "La Razón" cando alguén lle advertiu que na portada escribira: "Encuesta de CELESTE-TEL para La Razón ante el inicio de la campaña sexual". Ver imaxe |
 ............................................................
« Portada Xerais'2004 | Vieiros
|
 |








|
 |