|
Ourense. Candidaturas ao Congreso e ao Senado Ao igual ca en Lugo, poucos cambios e sorpresas se poden agardar por Ourense, nin en deputados nin en senadores. Só se escollen catro congresistas, o que deixa moi pequena marxe de manobra. O PP en 2000 levou tres, co 57,2%, o PSOE 1, co 23,1% e o BNG ningún, co 17%. Os nacionalistas quedaron a 4.700 votos do escano, e os socialistas a 13.000 do segundo. Os populares encabezarán o seu cartel outra vez con Celso Delgado Arce, e repetirá, desta vez como número dous, Ana Belén Vázquez Blanco. A única novidade será o médico Armando González López, o número tres, que xa ocupou cargos de responsabilidade na Xunta e que actualmente é delegado provincial de Sanidade. Os socialistas recuncan co tamén médico Alberto Fidalgo, e levarán no número dous a María del Carmen Acuña, que xa ten ido nas listas socialistas en 2000. Mentres, os nacionalistas tentarán estrearse por Ourense coa súa primeira cabeza de lista muller, a concelleira de Barbadás Tereixa Paz. Esquerda Unida presenta o veterano médico Manuel Peña-Rey como cabeza de lista. Tamén concorren ao Congreso pola Coruña dende a esquerda, Izquierda Revolucionaria e FPG; dende a ultradereita, Democracia Nacional, Falange, Falange das Jons, o PADE e o MSR; no centro o CDS, Coalición Galega e o Partido dos Autónomos. Tamén se presenta o Partido Humanista As novidades virán seguramente pola parte do Senado. O Partido Popular presenta dúas caras novas, a profesora de medias e debutante en política Mercedes Gallego e Isaac Vila, controvertida figura da política provincial, de volta na area tras anos de inhabilitación. Repetirá Amador Vázquez, alcalde de Vilamarín. Os socialistas daranlle entrada no Senado a Cándido Rodríguez Losada, emigrante en Venezuela. O Bloque presenta a Carballido Presas, tamén candidato en 2000, pero parece lonxe de remontar os 12.000 votos, que os separaron daquela do PSOE. Consulta as candidaturas completas de todas as formacións por Ourense, en formato pdf ............................................................ « Portada Xerais'2004 | Vieiros |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||