|
Lugo. Candidaturas ao Congreso e ao Senado Pouca leña hai para queimar en Lugo. Ao repartir só 4 congresistas, a marxe para sorpresas é moi escasa. En 2000, o PP obtivo tres deputados co 58,0%. O PSOE, un, co 22,9% e o BNG ningún. Aos socialistas faltáronlles 14.000 votos para conseguiren a segunda acta. Aos nacionalistas 7.300 para estrearse, tanto un coma outro a conta dos populares. O PP encabezará o seu cartel outra vez con Julio Padilla. Seguirao o ex-alcalde lugués Joaquín García Díez e pechará a terna de saída Susana López Abella, deputada no parlamento galego. Tanto García Díez como López Abella son novidade na lista popular. Polo PSOE lidera a lista por terceira vez consecutiva Xosé Blanco. A súa relevancia nos órganos do partido en Madrid non parece que vaia supor, con todo, o empurrón decisivo para obter o segundo posto, que iría a ex-parlamentaria no Hórreo Isabel Salazar. Os nacionalistas trocan outra vez o cabeza de lista e proban co concelleiro en Becerreá e profesor de instituto Xosé Antón Bao Abelleira. Esquerda Unida presenta a Paula Pardo de cabeza de lista. Tamén concorren ao Congreso pola Coruña dende a esquerda, Izquierda Revolucionaria e FPG; dende a ultradereita, Democracia Nacional, Falange, Falange das Jons, o PADE e o MSR; no centro o CDS, Coalición Galega e o Partido dos Autónomos. Tamén se presenta o Partido Humanista. Con toda probabilidade repetirán nas súas cadeiras os catro senadores lugueses: os populares César Aja, Francisco Cacharro (dende 1977) e Fernando Carlos Rodríguez Pérez, e mais o socialista Luis Ángel Lago. 13.000 votos separaron os nacionalistas do Senado en 2000, que parecen abondo lonxe para a burelá Neves Cando. Consulta as candidaturas completas de todas as formacións por Lugo, en formato pdf ............................................................ « Portada Xerais'2004 | Vieiros |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||