Vieiros

 LIGAZÓNS
 PARTIDOS
 CANDIDATOS
 INSTITUCIÓNS
 PROGRAMAS
 CANDIDATURAS
 A CORUÑA
 LUGO
 OURENSE
 PONTEVEDRA
 RESULTADOS
 PARTICIPACIÓN
 SONDAXES
 O SENADO
 OS TEMAS
 EXTERIOR
 EDUCACIÓN
 PARELLAS DE FEITO
 EMPREGO
 MULLER


 

Blogcampaña

Nando é o autor destes contos de estrelas e limóns. É un mozo que vive en Madrid, no centro da tristeza. Olla carteis do metro e conéctase con Finlandia.

[13/03/04] "Eu non vos sou nada 'pastelero'. Non me gustan os sentimentalismos baratos, pero é certo que o xoves morreu algo, non sabería moi ben explicar o qué pero algo falta nas rúas...
   - http://www.estrelaselimons.blogspot.com


............................................................
BLOGS ANTERIORES


Martim São Tomé mantén Trapobana un veterano caderno na rede, que só recentemente saíu á luz. É un blog intimista, de lembranzas e vivencias.

[12/03/04] "Atordado e assustado coma todos, a indecissom sobre o meu voto leva-me a umha actitude cada vez mais zen. Fago o baleiro na mente o mais que podo...
   - http://trapobana.blogger.com.br/

Pepi, amiga de Luci e de Bom, ten dezaseis anos. É do Grove e ofrece a súa vista sobre a globalización, gustos cinematográficos, autorretratos e clásicos do ska galego.

[11/03/04] "Tenho 16 anos: nom podo votar. Mesmo começo a pensar que pouco lhe importo neste momento ao governo galego-espanhol. O nosso futuro está vendido: tés dinheiro, tés futuro...
   - http://pepilucibom.blogspot.com/

JotaBe é Julián e o seu blog ten un título que é case unha declaración de principios: .gz. Comentarios sobre software libre e fútbol sala e algunhas recomendacións: Tribalistas e Berrogüeto.

[10/03/04] "E xa estamos outra vez coa leria esta das eleccións, votamos tres de cada catro anos e aínda así non teño a sensación de vivir baixo unha democracia, e mira que voto cada ano, pero sempre vou cos que perden, e, pouquiño a pouquiño, o que vai perdendo a esperanza son eu...
   - http://jotabe.f2o.org/gz/

Pawley é o autor de Días estranhos. Auténtica trabe do blogmillo galego, este coruñés está curtido en experiencias na rede. Canción brasileira, crónica política, poemas e viaxes no tren.

[09/03/04] "A campaña de verdade faise día a día nos telexornais, inzados de sucesos e futebol, e consiste en non falar nunca de nada relevante, en divulgar mundos ficticios con praias esplendorosas e guerras xustas...
   - http://pawley.blogalia.com

Paleon é un blogueiro político-militante de Ribeira que vive en Compostela. Postea sobre a lingua, sobre os bares e as multas de tráfico.

[08/03/04] "Entre licorcafés, cervexas e cubatas a xente é máis propensa a falar de política, como se polo día fose unha especie de tabú. Normalmente esta xente coa que falas desprende moito optimismo...
   - http://paleon.net/bitacora/

oPaco traballa en terra vivindo do mar. Catu era o nome do que ha ser neno. Viaxa sen ir a ningures, fala linguas que ninguén aprende, interésase polo que non precisa e goza a única vida que ten.

[07/03/04] "Haberá que agardar uns días e xa todo terá pasado, o das inauguracións, o das descualificacións, os insultos e as promesas. Porque na miña vida nunca fun a un mitin...
   - http://catuxa.blogspot.com/

Orballo é o coidado blog de Ascárida, unha carballesa que vive ao pé do Mediterráneo. O seu caderno é referencia de todo o que se move no blogmillo. Fotografías fabulosas, calcetíns, CSS.

[06/03/04] "Acabouse, xa votei. O voto por correo é como se adiantases dous cursos no colexio. Tes a ventaxa de que acabas unha semana antes pero tamén perdes todo ese ritual que é ir votar como deus manda...
   - http://orballo.f2o.org/weblog/

Todo Nada é luguesa. O seu blog é unha revista nacional-popular de tendencias e iconas, na liña de publicacións nunca aparecidas, como Rapazza. Tamén reflexiona, algo.

[05/03/04] "Amólame que hoxe deixasen de botar na Dúas a miña segunda serie favorita por entrevistar o candidato de Coalición Canaria. É máis, se a do 13-M é moi gorda se cadra nin vou votar...
   - http://todonada.blogspot.com/

Deneno mantén dende comezos de 2003 un caderno chave da bloguesfera galaica. Hai pouco abriu ademais blog paralelo en galego. Series antigas, cultura de masas.

[04/03/04] "Propaganda escríbese igual en case todos os idiomas. É un cultismo cun significado bastante novo: transmisión masiva de desinformación dunha realidade manipulada e sesgada...
   - http://ronsel.deneno.net/

Willy Sifones é vigués. Lector constante de banda deseñada europea. Atento aos últimos ensaios sobre contemporaneidade. E aos non tan últimos.

[03/03/04] "Observo con decepción como todas as campañas electorais terminan por ser sempre o mesmo circo de promesas evidentemente falsas, descualificacións de reality-show de media noite...
   - http://willysifones.blogspot.com/

Manuel Gago é blogueiro a cara descuberta. Director de CulturaGalega.org, reflexiona sobre a comunicación. Tamén compra woks, vai ao cine, visita Finlandia.

[02/03/04] "Cada líder ten o seu xeito para a mercadotecnia –á fin e ao cabo todo o mundo le os mesmos manuais– acaba atopándolles o mesmo pai a todos. Na cea do venres faláronme das cabezas quentes...
   - http://www.manuelgago.org/blog/

Puerquito é un ferrolterrán que traballa na zona industrial de Vigo. Acaba de mercar unha casa vella no Salnés, para vivir. Poda froiteiras, rapa a herba.

[01/03/04] "Os datos da abstención e dos votos en branco debían iniciar un debate necesario sobre a lei electoral; sempre pensei que os votos en branco debían computarse e converterse en escanos baleiros...
   - http://puerquito.f2o.org/

Cabrafanada é o escritor Fran Alonso. Os libros que le, as autoestradas que percorre. A memoria dunha estancia noutro mundo: Gales.

[28/02/04] "Nese gran teatro onde todo se repite convocatoria tras convocatoria, como unha película da que os espectadores case sempre intúen o final antes de que remate, hai algo de espectáculo catártico...
   - http://cabrafanada.blogspot.com/

Jean-Sol Partre é un afeccionado ao rock abafado polo traballo. Preocúpalle o paso do tempo. Conduce.

[27/02/04] "A min dáme que as campañas electorais son coma a música dos setenta, coma unha canción de Procol Harum ou de Elton John: enrevesadas, incomprensibles, esteticamente espantosas...
   - http://jean-solpartre.blogspot.com/

............................................................
« Portada Xerais'2004 | Vieiros

 





Foro
Últimas mensaxes:


O que opina a xente


A campaña, frase a frase


As pantallas destes 15 días


Entrevistas aos candidatos


O seguimento electoral das bitácoras


Trivial

Trivial