|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O CAMIÑO Á TOMA DE POSESIÓN A longa espera de Zapatero ata a comparecencia no Congreso [15 de Marzo] O dous de abril, José Luis Rodríguez Zapatero presentará ante o novo Congreso dos Deputados as súas propostas de goberno. Ese día deberá conseguir o apoio da cámara por maioría absoluta, de non ser así en 48 horas repetirase a votación e a Zapatero bastaralle coa maioría simple. Pero ata entón aínda hai que esperar a que o proceso electoral conclúa de xeito definitivo. |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CO 99% ESCRUTADO O PSOE acaba coa hexemonía do PP no estado [14 de Marzo] Preto do 43% da porcentaxe total de voto iría a parar desta volta ao saco socialista, uns números que hai catro anos supoñían para o PP a maioría absoluta. Segundo os datos do 2004, o reparto de asentos no Congreso deixaría ao PSOE nos 164 escanos, co PP caendo sete puntos e de 183 a 148 deputados. En número total de votos, a viraxe é de case tres millóns máis para os socialistas e 800 mil menos para o PP. Outros cambios significativos virían dos resultados en Cataluña, que fan brincar a ERC de 1 ata 8 representantes e rexistran unha caída de 15 a 11 para CiU. IU baixaría de nove ata cinco deputados. Outros datos: a posíbel perda de representación do Partido Andalucista e a entrada na escena de Nafarroa Bai, coalición formada en Navarra por PNV, EA, Aralar e Batzarre. OS CAMBIOS NAS CIRCUNSCRIPCIÓNS PROVINCIAIS Empate PP-PSOE na Coruña, Pontevedra e Lugo [14 de Marzo] Só cinco puntos separaron a ‘populares’ e socialistas na provincia da Coruña, cunha participación case doce puntos por riba da do 2000. O PP cae por baixo do 50% en todas as provincias agás Ourense, onde rexistra a menor caída do PP, con só sete mil votos menos e apenas tres puntos, convertíndose na única provincia na que o PP obtén máis deputados que o PSOE. PRIMEIRAS REACCIÓNS DOS LÍDERES GALEGOS Fraga sinala que as eleccións non se celebraron en "circunstancias normais" [14 de Marzo] "En Galiza ábre o camiño do cambio tranquilo", declarou Touriño na súa primeira intervención despois de coñecer os resultados electorais. Fraga, que se mostrou "un entusiasta do biparditismo", asegurou que as eleccións non se celebraron en "circunstancias totalmente normais". E, pola súa parte, Anxo Quintana, sinalou que a falta de maioría absoluta pode situar a Galiza, "máis presente ca nunca" na política estatal. CALES SERÁN OS ALIADOS O PSOE precisa establecer pactos cos nacionalistas para gobernar [14 de Marzo] Logo de conseguir darlle a volta ás enquisas e acadar un resultado de 164 deputados, fronte aos 148 do Partido Popular, o PSOE necesita aliados que lle permitan levar adiante as súas inciativas e que, ademais, contribúan a que poida ser investido presidente do goberno español. O QUE VOTARON AS CIDADES O PP gaña en Santiago, Ferrol e Ourense [14 de Marzo] Viraxe en Vigo, onde o PSdeG, corenta mil votos por baixo do PP na anterior cita coas urnas, case dobra os resultados do 2000 e sácalle seis milleiros de votos aos ‘populares’. O PP rexistra fortes caídas nas sete cidades galegas e perde o favor maioritario dos votantes na Coruña, en Pontevedra e en Lugo, que pasan a privilexiar ao PSdeG como primeira forza. RESULTADOS 2004 O PP conserva a victoria no Senado [14 de Marzo] Por primeira vez na historia da democracia española, a maioría no Congreso dos Deputados non se corresponde cunha maioría no Senado. A maior importancia das pequenas provincias, illas e cidades autónomas dálle aos populares unha cómoda victoria na Cámara Alta (102 senadores sobre 208). A estes, ademais, hai que sumarlles os senadores escolleitos por representación autonómica, que redondean a maioría absoluta do PP. En Galiza non houbo ningunha sorpresa: 12 senadores populares e catro socialistas, coa victoria de Enrique Curiel sobre Carlos Príncipe. NA SEDE DO PSOE EN MADRID Zapatero: "Comprométome a un cambio tranquilo" [14 de Marzo] "Quero que o cambio de talante comece esta mesma noite", declarou José Luis Rodríguez Zapatero, "propóñome afortalar o prestixio das institucións democráticas". "Actuarei con dilixencia, responsabilidade e transparencia", asegurou. MANUEL M. BARREIRO, EDITOR "Queda de manifesto o cansanzo e a necesidade de cambio" [14 de Marzo] O máis destacado destas eleccións para Manuel Barreiro é o efecto "boomerang" que se produciu a raíz do uso partidista que o Partido Popular fixo dos atentados de Madrid. No referido á situación na que quedaría o BNG, coa perda do segundo deputado pola Coruña, o editor considera que este é o resulto da canalización do voto útil cara ao PSOE. LOURENZO F. PRIETO, profesor de Historia Contemporánea da USC "Concentrouse o voto útil para castigar o PP" [14 de Marzo] Cómpre salientar a "polarización sublimada" destas eleccións a causa dos atentados de Madrid, asegura Lourenzo Fernández. O profesor engade que o BNG consolida a súa base electoral, pero que os resultados non poden extrapolarse ás autonómicas. FERMÍN BOUZA, CATEDRÁTICO DE CIENCIAS POLÍTICAS "A victoria socialista é un trankimazin político" [14 de Marzo] Para o catedrático de ciencias políticas da Universidade Complutense de Madrid, a victoria socialista vai supor un equilibrio na política do estado, e agoira unha etapa de consenso parlamentario e tensións no seo do Partido Popular. XULIO RÍOS, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional "Gañou o tirón da paz" [14 de Marzo] Xulio Ríos fainos unha valoración dos resultados das eleccións xerais cando aínda non rematou por completo o escrutinio. Na opinión do experto, o contexto internacional, e sobre todo a política internacional desenvolvida polo goberno de Aznar provocou o xiro no voto cara a esquerda. É o que el chama o "tirón da paz". PEDRO PUY, Director Xeral de Relacións Institucionais da Xunta "O PSOE vai ter que buscar o consenso en materia de terrorismo" [14 de Marzo] Pedro Puy tamén fala dos atentados e de todo o acontecido nos últimos días para buscar unha explicación ao ascenso do PSOE. Pero considera que os socialistas se enfrontan a unha situación complexa e van ter que buscar o consenso en materia de terrorismo. FRANCISCO JORQUERA, COORDENADOR DA EXECUTIVA DO BNG "Agradecemos sobre todo a fidelización do voto nacionalista" [14 de Marzo] O coordenador da executiva nacional do BNG, Francisco Jorquera, asegura que o seu partido se atopa moi satisfeito de conseguir dous deputados a pesar das circunstancias tan perturbadas que se deron nos últimos días. Para Jorquera a ausencia de maiorías absolutas asegura a pluralidade parlamentaria. SUSO DE TORO, ESCRITOR "Agora cómpre anticipar as eleccións autonómicas" [14 de Marzo] Para Suso de Toro os resultados electorais demostran que a xente quixo vencer o franquismo. Á vista dos resultados considera que Manuel Fraga está xa fora de xogo e o que lle toca agora a Galiza é a celebración de eleccións anticipadas. SUSANA FORTES, escritora e finalista do premio Planeta 2003 "O gran derrotado é Aznar máis ca Rajoy" [14 de Marzo] Susana Fortes, escritora pontevedresa afincada en Valencia, subliña destas eleccións o feito de que o electorado tivese que votar "entre ataúdes". Ademais, destaca que o gran derrotado é José María Aznar. BEIRAS CRE QUE SE DEBÍAN ADIAR AS ELECCIÓNS A sombra dos atentados e da manipulación gobernamental [14 de Marzo] As declaracións dos líderes políticos no momento de emitir o voto adoitan ser de exaltación democrática e de chamadas á participación. Pero nesta xornada electoral marcada polos atentados de Madrid e polas críticas á xestión da información por parte do goberno, as primeras palabras dos líderes incluíron mensaxes en relación cos acontecementos dos últimos días. OS PRIMEIROS INCIDENTES O BNG denuncia a distribución de papeletas do PP nunha panadería viguesa [14 de Marzo] O Bloque Nacionalista Galego presentou xa a reclamación ante a Xunta Electoral pola entrega de papeletas populares nunha panadería da cidade de Vigo. CONFÍRMASE A ALTA PARTICIPACIÓN ÁS SEIS DA TARDE Seis puntos máis de votantes en Galiza (61,5%) [14 de Marzo] Máis dun 61 por cento dos galegos e galegas con dereito a voto xa acudiron as urnas antes das seis da tarde, segundo datos do Ministerio do Interior. A participación supera en máis de catro puntos á que se producira á mesma hora nas eleccións do ano 2000. A participación no conxunto do estado é do 63,0%, sete puntos e medio por riba de 2000. NON HABERÍA MAIORÍA ABSOLUTA Sondaxes a pé de urna: empate técnico entre o PP e o PSOE [14 de Marzo] Telecinco, a Cadena Ser e Antena 3 danlle a victoria ao Partido Popular e a TVG opta por victoria para o PSOE. Forte retroceso dos ‘populares’ e avance claro dos socialistas. No que lle toca a Galiza o BNG obtería dous escanos. A nivel estatal destaca a confirmación dos prognósticos de suba de ERC. Ademais, suba lixeira de IU, retroceso lixeiro de CiU e estabilidade do PNV. Malia o triunfo en número de escanos do PP, o PSOE podería ter gañado en porcentaxe total de voto. SONDAXE DEMOSCOPIA Victoria do PP co PSOE a case trinta escanos [14 de Marzo] A maior diferencia entre as dúas formacións maioritarias e á vez os resultados máis próximos á maioría absoluta do PP veñen da enquisa de opinión de Demoscopia. O reparto de deputados, segundo este estudio realizado para a canle Tele5 define o seguinte escenario no Congreso: PP- 169; PSOE- 141; IU- 9; CiU- 11; PNV- 7; ERC- 6; CC- 3. SONDAXE DE ECO-Consulting O PSOE gañaría as eleccións [14 de Marzo] A sondaxe realizada por ECO-Consulting outórgalle entre 154 e 158 deputados ao PSOE e entre 150 e 154 ao Partido Popular. É a única enquisa que lle dá máis deputados aos socialistas. Izquierda Unida tería entre 9 e 11 deputados, CiU entre 10 e 12, ERC entre 7 e 8, o PNV entre 6 e 7 e o BNG, 2 escanos. É tamén a única enquisa que lle outorga a posibilidade de alcanzar representación parlamentaria á coalición vasco-navarra de NA-BAI-Aralar ou ao PSM-EN. SONDAXE SIGMA 2 Empate técnico PP-PSOE [14 de Marzo] Os mellores resultados para o PSOE son os prognosticados para Antena 3 e Onda Cero pola empresa Sigma2. O reparto de escanos no Congreso sería da seguinte maneira: PP: 153-161; PSOE: 152-159; IU: 6-7; CiU: 10-11; ERC: 6; PNV: 7; CC: 3; BNG: 3; CHA: 1; EA: 1; NA-BAI: 1. Destaca xustamente o acceso ao escenario parlamentario da coalición navarra formada por Aralar, EA, PNV e Batzarre. SONDAXE DE OPINA O PP obtería máis deputados, con menos votos có PSOE [14 de Marzo] O Partido Popular conseguiría máis escanos, pero con menos porcentaxe de votos có PSOE. Segundo a empresa OPINA, o PP lograría entre 154 e 160 deputados, o PSOE, entre 151 e 159; IU, entre 9 e 10; CiU, 10-11; PNV, 7-8; ERC, 5-6; BNG, 2-3 e Coalición Canaria entre 3 e 4. SONDAXE DE ECO-CONSULTING Catro menos para o PP en Galiza [14 de Marzo] Segundo esta enquisa, realizada para as canles autonómicas, en Galiza o PP baixaría ata os 12 escanos, perdendo os catro que á súa vez gañaría o PSOE na nosa comunidade. As perdas para os ‘populares’ produciríanse en Pontevedra, dous escanos menos, e na Coruña e en Lugo, un menos en cada una das circunscripcións. En Pontevedra, o reparto manteríase igual. A maiores, o BNG perdería un dos tres que tiña na Coruña, a prol do PSOE. 20 POR CENTO ESCRUTADO O PSOE gañaría 4 deputados en Galiza [14 de Marzo] Co 20 por cento dos votos escrutados en Galiza, o PP obtería 13 deputados, o PSOE 11, e o BNG 1 . En porcentaxe de voto, o PP conseguiría, 48,9 por cento; o PSOE 36 por cento e o BNG, o 11 por cento. O PSOE CONSIGUE 10 DEPUTADOS E O BNG 2 Caída histórica do PP en Galiza [14 de Marzo] A rocha do PP de Galiza comeza a erosionar. Por primeira vez nunhas eleccións xerais, o PP só gaña en número de deputados na provincia de Ourense, 3 escanos por 1 do PSOE. No resto de Galiza, empata a deputados co PSOE. En porcentaxes, o PP perde máis de 7 puntos e sitúase catro puntos por debaixo do 50 por cento. En total, o PP consigue 12 deputados, o PSOE 10 e o BNG, 2. O PSOE experimenta o maior avance en Galiza: recupera máis de 14 puntos e logra 10 escanos. De feito, o PSOE logra o mellor resultado da historia en Galiza. A caída porcentual do BNG é semellante á do PP: case 7 puntos e perde 1 deputado pola Coruña. A porcentaxe de voto do BNG é de 11,68 porcento, menor icluso que nas eleccións xerais do ano 96, que fora do 13, 17 por cento. NA SEDE DO PP EN MADRID Rajoy: "Acabo de felicitar a Zapatero pola súa victoria" [14 de Marzo] "O PSOE soubo facerse acreedor da confianza dos españois", recoñeceu o candidato do PP á presidencia do goberno. "Foron unhas eleccións marcadas pola conmoción", referiuse Rajoy aos atentados de Madrid e gabou "o exemplo de conducta de civismo e de resposta serena dos cidadáns". NA SEDE DE IU EN MADRID Llamazares: "Conseguimos o obxectivo de botar a dereita autoritaria" [14 de Marzo] O coordenador xeral de IU, Gaspar Llamazares, declarou sentir coma propia da súa formación a derrota nas urnas "dunha dereita mentirosa e autoritaria" e abrir "unha nova etapa de esquerdas neste país". Malia todo, recoñeceu a "sensación agridoce" pola perda de representación no Congreso. AVANCE NACIONALISTA EN CATALUÑA E EUSCADI O BNG perde arredor dun terzo dos votos [14 de Marzo] O descenso electoral do BNG prodúcese nun contexto onde aumenta a representación das forzas nacionalistas no Congreso dos deputados: pásase de 27 deputados a 29. En votos tradúcese nun incremento de case 320.000 de apoio: de pouco máis de dous millóns de votos en 2000 a dous millóns trescentos vintemil en 2004. De feito, o voto nacionalista é o 11 por cento do total do estado. O BNG e CiU son as formacións nacionalistas que perden máis votos, porcentualmente, se o comparamos co resto dos partidos nacionalistas do estado. O máis destacado foi o aumento espectacular de ERC. O partido que lidera Carod-Rovira pasou de 1 a 8 deputados, terá grupo parlamentario propio e convértese na cuarta forza política do estado. O PNV aumenta en votos e conserva os 7 deputados. AUTONÓMICAS 2004 O PSOE arrasa con máis da metade dos votos nas andaluzas [14 de Marzo] Unha vez máis o Partido Socialista gañou as eleccións autonómicas andaluzas. Desta vez fíxoo aumentando a porcentaxe e o número de votos, subindo 6 puntos porcentuais e conseguindo unha maioría absoluta de votos e, loxicamente, de escanos (61). Cun 50,2% dos sufraxios, Manuel Chaves poderá formar goberno en solitario. O Partido Popular perdeu seis puntos e conseguiu 37 escanos, nove menos. Izquierda Unida mantén os seus deputados (7), malia baixar medio punto en votos. O Partido Andalucista tamén perdeu un punto e medio, pero mantén os seus cinco escanos. O Partido Socialista de Andalucía, escisión liderada por Pedro Pacheco, desaparece do Parlamento Andaluz, e tampouco entra o Foro Andaluz de Manuel Pimentel. ............................................................ Noticias anteriores |
![]() Galiza: 98,64 por cento escrutado ![]() Estado: 99,24 por cento escrutado ![]() Galiza: participación comparada 2000-2004 ![]() Galiza: participación final 2004 |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||