
|
61
PRIMEIRO PREMIO. O peor poema para Laura
No inverno vai frío. No verán vai calor. Na primavera, depende. Oh, Laura, volve axiña. Mentres agardo á porta do supermercado, co portaavións en dobre fila, penso nas perlas dos teus ollos, no teu sorriso acibeche, no teu cabelo nacarado... Devezo polo teu acento francés, polo vulto que tes nas costas, pola túa voz áspera. Laura: tardas de carallo. Oracio
62
Ai Lauriña non cho podo dicer do revés
mais carallo francés é como un portavións anti-estrés de grande pracer francés un vultiño no teu interior que quer dicer yes. Coruxo da Lapela
63
"My name is Laura"
dixéchesme un día, oh, love!, o meu vulto saltou coma unha anguía. Sopra o vento, caen dúas torres, heicho contar, a ver se morres. No Iraque, coas emocións, fíxeno con outra, nun portaavións. Lauriña: fasme un francés, mesmo que sexa por última "ves"? No noso espazo aéreo todo é etéreo. Agarda polo meu avión, Laura, eu son o novo Napoleón. Turzi Birras
64
ÁCCESIT. Premio Bush á fidelidade
As rosas son violetas. Oh, meu francés na cama. Como te achei de menos. Canto máis vermello é o portaavións máis azul vira o can. Vendo como te bicou aquel encantador vulto vermello. Os cans e o gato aínda andan tolos dende que comiches o zapato de Barney. A aventura coa querida ten sido tal barreira na distancia. A próxima vez que queiras o meu vulto aterra na cama azul. Paulo
65
O francés fixome un vulto,
o final díxome que era grego, minha Laura, sentinme coma un portaavións Sir Yors
66
Laura, Lauriña
miña carrapuchiña vulto, quero dicir vulta, vultiña. No portaavións francés hoxe non aterres, agora teño unha aventura mais aterradora velaités un spanish e un inglés quentaranme a cama por certo, dille a Barney que se o pillo mandareino a Bagdad por gato manxador do meu zapato. Laura, Lauriña miña carrapuchiña. dígoche a verdade nin coidar gatos sabes. Xosé
67
Desde o norte até ao sul,
desde Nova York até Istambul, o teu francés, Laura, cantan os grandes sátrapas. Rebusca, rebusca o teu vulto, Lauriña, que logo has de ter morriña. — Saudades non hei de ter porque o meu corazón navega coma un portaavións de estrea. Afonso
68
Sei que te chamei vulto
Mais non foi ningún insulto Quería que vises a miña pena Por iso che escribín o poema Qué valente fuches raíña Marchando a Europa soíña Lémbrasme ós do portaavións Cando fan as súas misións Sei que non é boa poesía se soubera mellor a faría Incluso en francés feiticeiro Pero suspendino en primeiro Jurcho
69
I
Con cen canóns por banda, vento en popa a toda vela! non corta o mar se non voa, o meu portavións "Enterprise". Empresa boa na que me metiches naquela recepción, cando por debaixo da mesa me tocaches os... E un home é un home, Lauriña, e aquel embaixador, ó ver o vulto avultado, xa pensaba o peor. Take it easy, my friend! tívenlle que dicir, que será de uranio empobrecido, cando vos toque recibir. II Ves como chegamos Lauriña... nunca me criches de todo. God bless America! Aquel
|
||
![]() |
||
|