
|
51
Sodes malos. Haiku.
Vulto de celos. Del, do francés, do seu Portaavións Laura B. Tristram
52
(o Bush na Fraga...doeumeeeee!!!)
os jrelos son marelos e as nabisas doutra cor o meu vulto Lauriña e para outro millor canto máis nejro o chapapote máis de caza marcha el non é juapo, nin jaiteiro, nin bon home, nin francés é colega do pequecho, do meu fiel amijo Aznar el presentoumo un día... xa non me puden alonxar quero fuxir con el, ir ó Vilas a cear comprende, miña Lauriña, que ós dous jústanos cazar el dispara cunha escopeta eu cun portaavións militar se queres unha aventura, vente connosco a matar Psychopaula
53
A ONU, Ansar, Laura e outras mozas de Bush
As estrelas son vermellas Os cascos azuis Úsote como me dea a gana! Saltou unha resolució Pra invadir a nacion pagana E axudar o Sharon Na súa tarangana E aloucada destrucción Que sei eu dun vulto de lana Nin tampouco dun portaavións Laura e a ONU non coinciden en nada Mais eu atopei a solución Son amantes a puta e a fada xunto a Ansar o maric*n Laura a fada viu todo do reves quedouse Bush co Ansar e foise cun francés! TeRMi
54
Oh! Laura,
Laura, Laura, estránote. O can estránate, o gato estránate, todo o barrio te estrana oh! o barrio ese conxunto de vultos non franceses que van traballar a diario para construír unha grande nación que te estrana. Oh! vultos americanos -non franceses-, por que ides traballar en coche e non en portaavións, polo Potomac abaixo vai, un portaavións francés, corre que te corre, quen o poidera coller... oh! Laura, Laura, Laura. Oh! Laura Undemonforte
55
Ai, carallo de Lauriña,
mesmamente eres coma Rosalía, con teu vulto ben francés, enchendo a un coruñés, mira se voan as anduriñas e sentan no cayuco, no futuro chamaranlle ao barquiño o portaavións, de Bush, Carabús, enchendo o meu poema de amor por ti, carballeira, Nai da mina tenreira, poeta desta paneira, galega bastante pelma, chea de chorateima, caralleira de Iria Flavia, mociña de Texas largas, de Texas-Tejas queridas, manda carallo que ben fundidas. Vertorella
56
Pouco vulto, Georges
por moito que vaias ao portaavións En comparación cos collóns do francés Cuco de Coirós
57
Chegei onda ti
co meu desexo portaavións, co meu vulto nos pantalóns, co meu máis potente canón. Para ti, Laura, mudarei ao francés en grego, farei dos ateos bos cregos e volverei ao mundo cego. Ao cabo, moza, atrás das cadeiras eléctricas, caídos nas miñas foxas sépticas, nunca dirán que es tan patética. Xurxo W. Buxo
58
Oda post mortem
Estou a porme azul o meu vulto vai estourar, por que te fuches Laura? por que marchaches do meu carón? Por que me chimpaches dun portaavións? Non era o meu desexo ti sabíalo, non son coma ansar que gosta dos cabalos con un bo turbo, coma o das iveco. Cantas veces pregaches a St. Jacques? Cantas veces desexaches un francés? Oh Laura, endexamais comprendín para que queriamos un tipo deses na casa. Agora xa sei o que querías, agora que non estás. O meu vulto inza, eu vóltome azul, azul coma o oceano onde te guindaches, dende o meu portaavións. Sir Yors
59
Laura, ó my love, só tu és o meu amor,
quero-te eu, querem-te os cães, o gato também. Os olhos requerem olhos e os corações, corações, para teres aventuras: tu, eu, mais um portaaviões. Movimento, só para ti, monumento, nom som quem de te obrigar a me aturar mais um momento! Laurinha estás à janela com o teu vulto-cabeça a receber o brilho da lua que com sua belura inunda o céu! E eu nom me vou daqui embora sem umha prenda tua, do direito ou do revés... dá-me, Laurinha amor dá-me a tua mão para que deixe um bico francês. I love you, my healt. Eduardo Pais
60
Oh, Laura, quen che dera vulto,
máis que miñoca da pequena, por moito que Georges ollara no portaavións para un deductor francés Cuco de Coirós
|
||
![]() |
||
|