
| "Ouh, o meu vulto na cama, como te achei de menos". O rostro de Laura Bush mudou nun aceno indescifrable despois de ouvir estes versos da boca do seu home. A que vulto se refire? Sería ela mesma unha masa informe deitada á beira do seu amado? É esta unha metáfora amorosa apropiada para un converso metodista? Quen é "o encantador tipo francés" que esperta os ciumes envelenados de George? O poema de Bush jr. dedicado a súa muller Laura (ouh, que saudades da Laura de Petrarca: "chiare, fresche, e dolci acque") inaugura un novo xénero que demanda urxentemente unha continuación. Un xénero anticipado por Fernando Pessoa naqueles versos: "Todos os poemas de amor son ridículos", e os dos presidentes dos EEUU aínda máis.
Por iso Vieiros organizou un concurso de rexouba poética co obxectivo de compoñer os peores poemas a Laura. A setentena de poemas recibidos debían cumprir dous únicos requirimentos: a súa maldade, e conter entre os seus versos 3 palabras xa empregadas por Bush, francés, portaavións e vulto. E velaquí o poema gañador:
Poema orixinal de George Bush jr. Roses are red / Violets are blue / Oh my, lump in the bed / How I've missed you / Roses are redder / Bluer am I / Seeing you kissed by that charming French guy / The dogs and the cat, they missed you too / Barney's still mad you dropped him, he ate your shoe / The distance, my dear, has been such a barrier / Next time you want an adventure, just land on a carrier.
Traducción ao galego As rosas son vermellas / As violetas azuis / Oh, meu vulto na cama / Como te achei de menos/ Canto máis vermellas son as rosas / Máis azul viro eu / Vendo como te bicou aquel encantador tipo francés / Os cans e o gato tamén te acharon de menos / Barney aínda anda tolo dende que o abandonaches, comeu o teu zapato / A distancia, querida, ten sido tal barreira / A próxima vez que queiras unha aventura, aterra nun portaavións. |
Pola baixa calidade destes peores poemas, o xurado decidiu outorgar ademais do galardón orixinal 3 accésits, sen máis valor có da honra. Velaquí:
- Accésit Bush á fidelidade. Paulo, poema 64 - Accésit Pop á musicalidade. Andrés Calamaro, poema 25. - Accésit Pessoa ao máis heterónimo. Gustavo Adolfo Andrade Baudelaire (poema 14), U-lo Arestora (poema 32), Salomão (poema 40), Jurjo Arbusto (poema 46), Gustá Voadól Fobé (fóra de concurso). Mira todos poemas que recibimos |