Asina

E ti que desexas para o 2005?

Estamos convencidos de que o 2005 vai ser un bo ano. Para empezar, porque se fan dez anos dende que comezamos a traballar en Vieiros, en xuño de 1995, aínda que a saída á rede foi oito meses máis tarde. Pero seguramente por milleiros de razóns máis, e seguro que algunhas delas as iremos compartindo contigo a través do brillo desta pantalla. Ti que lle pides a este 2005?



    . [02-11-2010]



    . [09-12-2010]



    . [04-12-2010]

Civismo

Convivencia
Tolerancia
Paz
Igualdade
Xustiza
Saúde
Traballo
e xamón

    eu. Galiza [01-12-2004]

Paz

<h1> paz


    Pablo. ffh [01-12-2004]

Desexos imposíbeis

Desexo desexo...
Un emprego de xeito na Galiza para poder voltar, e comigo tantos outros mozos emigrantes.
Independencia para a nosa terra.
Que os EE.UU. vaian para o carallo.

    Manel. Europa [01-12-2004]

Para Galiza e o mundo

Que as loitas de Olga Benario sexan as loitas de todos os galegos e galegas; polo xusto, polo bo e polo mellor do mundo debemos todos e todas loitar.


    Xurxo Martinez Crespo, Vieiros, edición local Venezuela. República Bolivariana de Venezuela [01-12-2004]

Agarimos

Que ninguén teña que chorar se non é de ledicia.

    David. A Coruña [01-12-2004]

MÁIS PAIS

Quero ver se dunha vez somos capaces de ter máis conciencia de país, de sabermos amar máis a Galicia e menos á carteira, en fin..MÁIS PAIS.

    Oscar. CORME [01-12-2004]

Fin da Corrupción

Ogallá se remate coa corrupción que impera no Concello de Sanxenxo.
Ogallá que non se destrúa o noso monte para a construcción do campo de golf e chalets para os turistas.
Ogallá remate a especulación.

    alex. sanxenxo [01-12-2004]

o que eu quero

O que eu quero é ter saúde e os pés quentes.

Biquiños.

    sindri. madrid [01-12-2004]

"Mudanse os tempos..."

Que cambie o goberno da Xunta cando as novas eleccións, e que o BNG aclare a súa extratexia en Vigo verbo do P.X.O.UM.

    Xoán Manuel Estévez. Vigo [01-12-2004]

Câmbio

Desejo que cambie o monolitismo e o oxigènio inunde as terras, que o vento fresco arrase coas convençons e que este ano seja um ano de mudanças.

Que mude o mal governo.

Que mudem os escuros.

Que mudem as rotinas.

Que nenhum poida reconhecer no 2006 o 2004.

    Txiwy. Bueu [01-12-2004]

Que ponhan un moderador no foro

Que o foro sexa un espazo de reflexion, de informazon, de espontaneidade e de inspirazon.

    jose. tarragona [01-12-2004]

Paz e humor

Paz, amor, humor e bon cinema.

    Martin Pawley. A Coruña [01-12-2004]

este espazo

Terra, xustiza e liberdade para todos os pobos.

Que Galiza sexa dona dos seus destinos.

Que todos e todas saibamos compartir este espazo que amamos, porque iso significa convivir na diferenza, sen excluírmonos, xa sexa a nosa bandeira a do si ou a do non, xa sexa a nosa estrela vermella a portadora da fouce e do martelo ou non.



    berbiqui. O sur [01-12-2004]

Quero....

quero que este ano sexa o ano no que cada un de nós atope o seu camiño para a súa felicidade e o leve a cabo.

    seire. A Coruña [01-12-2004]

Por unha terra máis xusta

Que o 2005 sexa un ano feliz . Un ano de loita que poña fin a precariedade laboral e a un mundo absurdo onde os mozos que precisa o noso país para tirar para adiante, non teñamos que emigrar. Por unha Galiza socialista. Por unha federación socialista dos pobos de Hespaña e Europa.

    Xosé Lorenzo Puime. Tarragona [03-11-2003]

Galego estremeiro natural

O meu desexo é que as xentes do Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e Calabor vexan nas súas falas unha forma de se comunicaren e non un atranco para a súa prosperidade económica e social. Falades galego e chegaredes lonxe!


http://www.cousas.tk

    Ramón Pais Pazos. Esparís - Viceso (Brión) [03-11-2003]

un país

Eu quero un país libre no que vivir coa miña xente, pola miña xente.

Un país
libre
aberto
solidario
crítico
intelixente
culto
feliz
comunicado
constructivo
respetuoso
autóctono
cosmopolita
unido
que medre
que teña o seu sitio no mundo
que estea orgulloso de si mesmo
que exporte

Galiza, Galiza
O mellor para ti


    María. Vigo [03-11-2003]


Seguinte

« Vieiros