Bo nadal Vieiros
Panxoli–asPostais
Receitas
Agasallos
180 letras

Que pides
Que se nos ven

As panxoliñas, o papel que merecen


A panxoliña é hoxe un xénero deostado, ata o punto de que un sindicato alemán chegou a pedir compensacións para os comerciantes obrigados a traballar co son dos vilancicos de fondo. Segundo Carlos Villanueva, catedrático de Música da USC, o que o ocorre é que rompeu a cadea de transmisión familiar e veciñal que lle daba sentido e ledicia. "Hoxe a panxoliña en disco repítese centos de veces e é utilizada nos centros comerciais como un reclamo para que a xente merque máis", explica Villanueva, quen ao mesmo tempo lamenta a perda de valor das cantigas de Nadal.

Decididos a remediar tan inxusto desprezo, este ano propoñémoslles un achegamento á interesante historia do vilancico galego e o clarexo de certos conceptos, como o de panxoliña e o de vilancico. A canción xenuina do Nadal é a panxoliña, de orixe popular; e o vilancico sería a expresión culta deste tipo de canción. "Os compositores das catedrais inspirábanse nas panxoliñas, no que vían nas festas populares. Non só no Nadal, tamén na Pascua e noutras celebracións había o costume de que os veciños lle cantasen á Virxe en galego", aclara o experto.

O vilancico e a panxoliña, un tempo de esplendor


« Portada
- Vinde ver o neno, E rorró meu neno, Aló a media noite e Con un sombreiro de palla, de Fuxan os Ventos; Nadal de Luintra, de Berrogüetto; Cantos de Reis, de Na Lúa e O cometido, de Chouteira. Todas elas en formato mp3.

- Panxoliñas de Suso Vaamonde e Xoán Rubia no especial Nadal 97 de Vieiros.

- Panxoliñas como 'No portaliño de pedra', de Ana Kiro, ou 'Mariñeiro', de Encarnación Lamelas no especial Nadal 96 de Vieiros.

- Outros vilancicos interpretados polo Coro Arpegios da Guarda: Cantemos ao neno, Noite de Oriente...